Saúde
Hoxe comeza a funcionar Conecta 72 para garantir o seguimento a pacientes despois da súa hospitalización
O presidente da Xunta precisa que no momento da alta xerarase de forma automatizada unha cita na axenda de enfermaría de Atención Primaria, de tal xeito que os pacientes recibirán nas 72 horas seguintes unha consulta telefónica
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba o pasado día 9, na rolda de prensa do Consello, que este luns comezaría a funcionar en todos os centros de saúde o servizo Conecta 72, que garante seguimento aos pacientes hospitalizados nas horas posteriores á alta. Como sinalou o mandatario galego, con isto dáse cumprimento a un dos compromisos adquiridos no último Debate sobre o Estado da Autonomía.
Máis polo miúdo, Feijóo precisou que no momento da alta xerarase de forma automatizada unha mensaxe na axenda do médico de cabeceira e da enfermeira de cupo do paciente e unha cita de consulta telefónica na axenda de enfermaría de Atención Primaria, de tal xeito que todos os pacientes que sexan dados de alta nun hospital recibirán nas 72 horas seguintes unha consulta telefónica por parte do persoal de enfermería do seu centro de saúde.
Así mesmo, na chamada, o profesional valorará distintos aspectos importantes no seguimento posterior, como por exemplo detectar posibles complicacións de maneira precoz, comprobar que o paciente está tomando axeitadamente os fármacos no caso de que fose medicado ou comprobar que o paciente entendeu todas as explicacións e recomendacións que se lle deron durante o seu ingreso hospitalario. E, todos os datos obtidos desta consulta, máis as intervencións realizadas, quedarán rexistrados na historia clínica electrónica do paciente.
“Estamos a poñer en marcha unha iniciativa novidosa que supón máis obrigas para o persoal sanitario, concretamente o persoal de atención primaria, e supón máis dereitos para os galegos e máis compromisos coa sanidade pública en Galicia”, aseverou.
Por outra banda, o titular do Goberno galego, apuntou que esta iniciativa xa comezou a funcionar de forma pioneira en sete centros de saúde, que son o dos Mallos (A Coruña), Fontenla Maristany (Ferrol), San Roque Lugo), Oroso, O Carballiño, A Parda (Pontevedra), e Rosalía de Castro (Vigo). Segundo a enquisa de auditoría realizada sobre o funcionamento deste novo servizo, o 90 por cento dos destinatarios considerárono útil ou moi útil dito programa. Así mesmo, no 80 por cento dos casos indicaron que se lles axudou a comprender mellor as recomendacións recibidas no hospital.
No caso dos profesionais sanitarios, Feijóo destacou que afirman estar satisfeitos co servizo e subliñan como principais vantaxes a mellora do control dos pacientes, ou evitar posibles ingresos como consecuencia de complicacións evitables.
Para o presidente autonómico, esta iniciativa, que beneficiará aos arredor de 230.000 cidadáns que cada ano reciben unha alta hospitalaria, vai mellorar de forma importante o seguemento dos pacientes trala alta hospitalaria, incrementará a relación dos pacientes co seu servizo de atención primaria, mellorando a continuidade asistencial. Así mesmo, vai facilitar e axilizar a adaptación dos coidados do doente e axudará a previr precozmente os problemas de saúde que poidan xurdir despois dunha intervención cirúrxica complicada ou dunha alta hospitalaria dun paciente con pluripatoloxía ou un estado de saúde con dificultades severas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217