Galicia
A Axencia Tributaria de Galicia detectou 181 millóns de euros de débeda non declarada
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou que en 2014 a Axencia Tributaria de Galicia detectou 181 millóns de euros de débeda non declarada, o que supón un incremento do 20,6% respecto ao ano 2013. Así o manifestou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, que avaliou un informe sobre a actividade global de control tributario correspondente ao ano 2014.
O mandatario galego sinalou que a Axencia Tributaria de Galicia naceu con dous obxectivos: en primeiro lugar reducir a burocracia e facilitar o pagamento responsable dos impostos para a facenda autonómica; e, en segundo lugar, fortalecer o cumprimento tributario a través da detección e da loita contra a fraude fiscal. Ao respecto, remarcou que ambos os dous se están a cumprir na Comunidade, “porque no que se refire á loita contra a fraude fiscal temos cumprido o obxectivo de fortalecer o cumprimento tributario”.
Concretamente, sinalou que o pasado ano a Axencia Tributaria de Galicia fixo aflorar 181 millóns de euros de débeda non declarada grazas ao seu labor de inspección e de comprobación das autoliquidacións. “En termos absolutos houbo un incremento do 20% de fraude detectado o que supoñen 27,6 millóns de euros máis que o ano pasado, ata totalizar 181 millóns de euros no ano 2014”, abondou.
En total, explicou que se realizaron o pasado exercicio case 260.000 comprobacións de autoliquidacións, o que significa un incremento do 13% de revisións nos impostos propios ou cedidos. É o caso do imposto de sucesións e doazóns, o de actos xurídicos documentados e o imposto de transmisións patrimoniais, que concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados pola Comunidade.
Feijóo indicou que destas preto de 260.000 comprobacións, o 87% das autoliquidacións foron correctamente practicadas; polo tanto, “o 87% dos galegos cumpriron correctamente as súas obrigas tributarias”, asegurou. No resto dos casos, no 13%, sinalou que a axencia practicou unha liquidación para que o contribuínte actúe conforme á legalidade.
Segundo detallou, destes 181 millóns de euros de fraude fiscal detectado, 148,5 millóns se deben a accións de xestión, é dicir, a contribuíntes que pagaron o imposto cunha liquidación que, a xuízo dos inspectores, era incorrecta por ser inferior ao que tiñan que tributar. Por outra banda, destacou que os outros 32,8 millóns de euros corresponderon a labores de inspección de contribuíntes que non presentaran a autoliquidación. E, na mesma liña, apuntou que tan só o 3% das autoliquidacións presentadas tiña aplicados de forma incorrecta algúns beneficios fiscais.
Dar facilidades aos contribuíntes
No que se refire ao segundo obxectivo, o de dar facilidades aos contribuíntes que queren pagar conforme á lei, asegurou que para iso a Xunta está potenciando a Oficina Virtual Tributaria, e está a admitir unha grande cantidade de aprazamentos e fraccionamentos de pago para facilitar os ingresos dos contribuíntes que queren cumprir axeitadamente as súas obrigas.
Así, precisou que no ano 2014 os aprazamentos e fraccionamentos de pago concedidos ascenderon a case 26 millóns de euros. E, neste contexto, indicou que entre os anos 2009 e 2014 Facenda concedeu aprazamentos por un importe de 141 millóns de euros, fronte aos 40 millóns de euros concedidos no período anterior 2005-2008, o que significa 100 millóns de euros máis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101