Ponteareas
Oito nenos de Ponteareas, entre os oitenta finalistas de “Deseña unha xoia para túa nai”
Destacaron pola súa creatividade e orixinalidade entre os máis de 8.000 participantes de toda Galicia
O xurado da VI edición de “Deseña unha xoia para túa nai” xa elixiu os oitenta finalistas que este ano optan ao premio que convoca o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Case trinta dos finalistas son da provicia de Pontevedra, e oito en concreto de Ponteareas.
Teñen entre 4 e 9 anos e, xunto cos outros finalistas, destacaron entre os máis de 8.000 nenos e nenas de toda Galicia que este ano enviaron as súas propostas a “Deseña unha xoia para túa nai” para demostrar a súa creatividade deseñando o regalo do Día da Nai. Nun difícil proceso de decisión, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, a educación, a prensa e o mundo do arte, seleccionou 20 finalistas para cada unha das categorías do concurso (ata catro anos, de 5 a 7, de 8 a 10 e de 10 a 12).
Para esta selección, valorouse a creatividade do autor segundo a súa idade, a súa capacidade para representar a peza no deseño e a viabilidade para executalo.
Dúas xoieirías de Marín serán tamén as encargadas de converter os deseños gañadores en xoias reais que se entregarán aos premiados o venres 24 de abril no CGAC. OÁngel Fariña e Joyería Rosant, son algúns dos que estos días están traballando para transformar os debuxos dos nenos en aneis, colgantes, pendentes ou broches.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191