Galicia
Axudas para a protección das árbores senlleiras
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado día 15 a orde que regula a concesión de axudas ás persoas ou entidades propietarias de árbores e formacións senlleiras para a súa conservación, protección e mellora
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publicaba o pasado día 15 no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras para as axudas que se concederán este mesmo ano para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia. O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas ás persoas ou entidades propietarias de árbores e formacións senlleiras para a súa conservación, protección e mellora.
Por outra banda, esta semana celebrouse en Santiago a reunión ordinaria do Comité das Árbores Senlleiras, onde se dará conta das solicitudes recibidas de novas incorporacións no Catálogo galego. Esta xuntanza estivo presidida pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e contou coa participación de representantes designados por diferentes institucións e organismos, que teñen como finalidade a protección, conservación ou divulgación das árbores senlleiras.
Os membros do Comité das Árbores Senlleiras valoraron o conxunto de solicitudes de catalogación de exemplares e formacións recibidas, atendendo, entre outros, a criterios morfolóxicos, históricos, culturais, estéticos e paisaxísticos, para seleccionar a mellor representación das diferentes especies arbóreas a nivel autonómico. En total son 63 as novas solicitudes de inclusión que estudará o Comité para avaliar se son merecedoras de formar parte deste rexistro -52 de árbores e 11 de formacións relativas a 22 especies vexetais nas que destacan, como en anos anteriores, carballos (24 solicitudes), sobreiras (8) ou castiñeiros (5).
Nesta reunión, a Xunta trataba a recente publicación da modificación do Decreto polo que regula este Catálogo.
Subvencións
En relación á orde de axudas publicada esta semana no DOG, cómpre destacar que poderán acadar o 100% dos gastos subvencionables, fixándose un importe máximo de 6.000 euros de axuda por árbore e 12.000 euros de axuda por formación, chegando a un total de case 151.000 euros para este exercicio. O prazo para a súa presentación será dun mes contando a partir do día seguinte da publicación desta orde no DOG.
Estas subvencións nacen do deber que teñen as Administracións públicas de promover iniciativas de conservación da natureza e desincentivar aquelas que teñan unha incidencia negativa sobre a conservación da biodiversidade e o uso sostible do patrimonio natural.
Así serán subvencionables actuacións como podas ou tratamentos fitosanitarios necesarios para a conservación das árbores protexidas, accións encamiñadas á conservación de melloras na contorna; a elaboración de materiais divulgativos e sinalización, ademais de a creación, mantemento e conservación de accesos relacionados co réxime de uso público.
Poderán beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os Concellos, propietarias das árbores incluídas, sempre e cando estas árbores e/ou formacións estean incluídas no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras con anterioridade á entrada en vigor da presente orde e só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra administración pública para a mesma finalidade, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos.
A aprobación da subvención implicará o compromiso das persoas ou entidades solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións previstas na resolución e as persoas ou entidades beneficiarias haberán de conservar, polo menos durante cinco anos, os documentos acreditativos da utilización dos fondos recibidos.
O Catálogo galego de árbores senlleiras
Co ánimo de facer máis áxil e dinámico o procedemento de catalogación modificouse recentemente a norma que o regula, modificando tamén o funcionamento do propio Comité das Árbores Senlleiras, non só no relativo ás súas funcións, senón tamén nas previsións referidas ás súas reunións, deixando que sexa o propio comité o que determine a periodicidade de convocatoria no seu regulamento de funcionamento.
Cabe sinalar que o Catálogo galego de árbores senlleiras data do ano 2007, polo que se fixo necesario tamén modificar o réxime de protección preventiva establecido na norma que o regula.
O Catálogo inclúe na actualidade un total de 173 elementos recoñecidos, dos cales 142 corresponden a árbores de 68 especies diferentes, e 31 a distintas formacións arboradas compostas por 19 especies distintas. As provincias de Pontevedra (con 47 árbores e 9 formacións) e A Coruña (con 41 e 13, respectivamente) son as que contan con maior número de elementos incluídos no catálogo; Lugo ten catalogados 35 árbores e 2 formacións, mentres que Ourense ten 19 e 7 respectivamente.
Neste rexistro público de carácter administrativo inclúense todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.
Configúrase como unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos os seus propietarios, as administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22