Galicia
Máis de 3.000 sinaturas para demandar o SERGAS que se impulse a xubilación parcial anticipada
A CIG-Saúde presentou onte, no rexistro do SERGAS, máis de 3.000 sinaturas de persoal da sanidade pública galega en demanda de que “se impulse o desenvolvemento da adicional sétima da Lei 40/2007, do 4 de decembro, na que se contempla a aplicación dos mecanismos de xubilación anticipada e parcial das/os empregadas/os públicos”.
A CIG-Saúde explica que “esa lei recolle que se contemplará a realidade específica dos diferentes colectivos afectados, incluída a do persoal ao que lle é de aplicación a Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde”.
“Tal como admite a propia disposición adicional sétima da Lei 40/2007, do 4 de decembro, o persoal estatutario ten singularidades que o distinguen do resto do funcionariado, pola propia natureza do servizo público sanitario” explican, engadindo que “en concreto subliña a prestación continuada as 24hs do día e os 365 días do ano; o traballo en contacto coa enfermidade e a toma de decisións sobre a vida doutras persoas”.
Xunto a isto sinalan que “os plans de ordenación de RRHH que publica a Administración enuncian problemas como unha pirámide de poboación envellecida, que incrementa o número de Incapacidades Temporais; a imposibilidade da Administración de asumir políticas de persoal que facilite deixar de traballar en horario nocturno ao cumprir 55 ou 60 anos ou de adaptar postos a persoas con problemas de saúde laboral”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101