Mos
Os Bolechas chegan a Mos polo Camiño de Santiago con motivo do Día do Libro
O novo conto destes pequenos heroes ambiéntase na localidade mosense e será presentado o vindeiro domingo cun espectáculo na Carballeira de Santiaguiño
Os Bolechas presentarán o seu libro Os Bolechas van a Mos o vindeiro domingo, 19 de abril, ás 18.00 horas na Carballeira de Santiaguiño, parroquia de Guizán; e en caso de mal tempo a presentación trasladaríase ó Multiusos das Pozas (Petelos).
Os Bolechas naceron da man do ilustrador Pepe Carreiro e convertíronse nun fenómeno de masas. Son seis irmáns máis un can que viviron toda clase de aventuras por Galicia e que nesta ocasión van visitar Mos con motivo da celebración do Día do Libro que se conmemora o 23 de abril.
A actividade dos Bolechas non será a única da programación do Día do Libro 2015, xa que durante a semana do 20 ao 26 de abril todos os/as socios/as da Biblioteca Municipal de Mos poderán participar nun intercambio de libros.
Ademais o propio día 23 tódolos/as socios/as que collan libros en préstamo participarán no sorteo dun lote de libros.
As aventuras dos irmáns Bolechas chegarán o domingo dia 19 á Carballeira de Santiaguiño, onde todos os rapaces coñecerán o novo libro dos seus pequenos heroes. Os Bolechas Carlos, as xemelgas Pili e Loli, Braulio, Sonia e Tatá, acompañados todos do seu inseparable husky siberiano Chispa, presentarán nesta ocasión o seu libro Os Bolechas van a Mos, unha fermosa e divertida aventura que acontece no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115