Tui
O BNG coloca unha placa na Corredoira coa inscrición “Rua Alcalde Guillermo Vicente Santiago. 1936”
Veñen de aprobar a súa candidatura ás eleccións municipais encabezadas pola médico Carme Núñez
O BNG de Tui celebro unha nova Asemblea Aberta o pasado dia 14 de Abril para debater e aprobar a lista definitiva de candidatos e candidatas desta formación ás vindeiras eleccións municipais no noso concello.
Aprobou-se por unanimidade a proposta surxida de anteriores asembleas abertas e de contactos con diversos sectores sociais incluíndo simpatizantes de todas as parroquias do municipio. A lista estará encabezada pola médico Carme Núñez e caracteriza-se fundamentalmente pola renovación, xa que unha grande maioría dos candidatos proveñen das Asembleas abertas e non son militantes do BNG.
A candidatura será presentada oficialmente o próximo sábado dia 18 de Abril.
Finalizada a asemblea, un grupo de militantes e simpatizantes do BNG desprazaron-se até a corredoira en Tui para realizar un pequeno mais emotivo acto simbólico coincidindo con a data do 14 de Abril. Así colocou-se unha placa de rueiro coa inscrición “Rua Alcalde Guillermo Vicente Santiago. 1936” , en alusión “ao último alcalde Republicano de Tui, que morreu e foi soterrado na bodega da súa casa oculto da persecución das tropas franquistas en 1940”. Con ese acto o BNG quixo manifestar a súa “intención de colaborar desde o próximo goberno municipal coa recuperación da memoria histórica das innumerables vítimas da represión franquista do noso concello posterior ao golpe de Estado de 1936”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115