Deportes
A Clásica Álvaro Pino homenaxeará a Marino Lejarreta
O próximo 9 de maio celebrarase a Clásica Álvaro Pino, unha marcha ciclista que servirá para render homenaxe ao ex ciclista profesional Marino Lejarreta. A proba empezará na rúa Concha Brey, diante da Casa do Concello de Ponteareas, ás 11 da mañá e percorrerá máis de 10 municipios ao longo de 144 quilómetros.
Os organizadores, que estiman unha participación de 600 corredores, quixeron salientar a importancia dos patrocinadores no desenvolvemento deste evento.
O día previo á carreira haberá unha mesa redonda co invitado, Marino Lejarreta, ás 20:00 horas diante do Concello. Ademais de Lejarreta, a proba contará coa participación doutros ex ciclistas ilustres como Ezequiel Mosquera. Unha cita que pretende recordar o labor de Álvaro Pino neste deporte e que xa é unha referencia no calendario cicloturista nacional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191