Tomiño
O Concello de Tomiño adebeda mais de 100.000 euros á Xunta de Galicia polas obras da nova escola infantil
Ademáis, ten pendente tamén o pago da liquidación polas obras do centro de dia, que ascende preto de 80.000 euros.
Paula Romeu, portavoz municipal do PP no Concello de Tomiño, aclara, unha vez verquidas certas afirmacións sobre as consignacións para a construcción da Escola Infantil de Goián por parte da Alcaldesa de Tomiño, e unha vez falado co Consorcio Galego que “cara á construción da nova escola infantil de Goián, o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia asinaron un convenio no que o goberno local comprometeuse a asumir o 40 por cento do custe da obra, correspondéndolle o 60 por cento restante á administración autonómica”.
Romeu explica que “dende o comezo da construción en abril de 2014, a Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ten remitido ao Concello de Tomiño liquidacións polos importes da obra xa executada que lle corresponde asumir. Esas liquidacións ascenden a máis de 100.000 euros e o goberno local ainda non efectuou nin o primeiro pago”.
“Agora, durante a execución dos traballos detectouse a necesidade de acometer unhas actuacións de rehabilitación na cuberta e na estrutura do edifício, actuacións non previstas inicialmente no Proxecto correspondente e que resultan imprescindibles para poder continuar e rematar as obras da escola infantil”.
Para afrontar este imprevisto, o Consorcio e o Concello acordaron asinar un novo convenio para cofinancialo; ao tratarse dun investimento non incluído no orzamento do Consorcio para este ano 2015, o Concello ofreceuse a afrontalo íntegramente e liquidar ao Consorcio a parte que lle correspondería no vindeiro exercicio.
A portavoz municipal do PP assegura que “tras este acordo, sorprenden as declaracións emitidas onte por parte da Alcaldesa de Tomiño Sandra Álvarez tendo en conta que o Consorcio ven asumindo os pagos da execución da obra dende hai un ano sen que o Concello achegase a día de hoxe ningunha cantidade”.
Engade ademáis que “o goberno local de Tomiño aínda ten pendente o pago ao Consorcio da parte que asumiu por convenio da construción do Centro de día, una débeda que ascende a 78.853,55 euros. Esa cantidade foille reclamada ao Concello en dúas ocasións, sen resposta ata o día de hoxe. O devandito centro de día está funcionando dende setembro de 2010”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56