O Porriño
Podemos O Porriño non se presentará ás vindeiras eleccións
O Círculo de Podemos do Porriño quere deixar clara a súa posición cara ás próximas eleccións municipais. “Dentro das liñas que a organización aprobou a nivel estatal, e vai seguir no ano electoral no que nos atopamos, está a decisión de que Podemos non acuda ás eleccións municipais” sinalan.
Explican que “compartimos os desexos de transparencia e democratización de diferentes movementos, con procedementos altamente democráticos e abertos, pero, non temos constituídos aínda os órganos a nivel municipal (Secretaría Xeral e Consello Cidadán) aos que poder someter a decisión de apoialos e participar activamente nos mesmos”
Nun comunicado aclaran que “ben é certo que dende o Círculo, que é o noso espazo de participación cidadá e acción social, se decidiu en asamblea potenciar unha agrupación de electores pero, únicamente, como unha opción aberta a toda a cidadanía e á marxe da nosa organización. Dende ese momento, a agrupación é totalmente autónoma e, aínda que nela se integran persoas inscritas en Podemos, xunto a veciñas e vecinos con moitas ganas de cambiar a situación municipal, fano a título exclusivamente particular e non en calidade de membros do partido”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61