Salceda de Caselas
O PP de Salceda inicia as xuntanzas nas parroquias
Nestas charlas coloquios, que veñen celebrando con asiduidade durante toda a lexislatura, escoitaran as demandas dos veciños e darán a coñecer a xestión do Bipartito nos últimos 8 anos
O Partido Popular de Salceda de Caselas inicioua súa actividade de precampaña. Os populares teñen programadas unhas serie de xuntanzas nas diferentes parroquias do municipio a través das cales darán a coñecer á candidatura, encabezada polo actual concelleiro e presidente do partido Santiago Rodríguez Davila, que concorrerá aos vindeiros comicios municipais do 24 de maio. Unhas reunións que non se celebran só cando se achegan eleccións, senón que o PP todos os anos organiza estas xuntanzas para estar de preto cos veciños e atender ás súas inquedanzas, “non como fan os membros do Bipartito, que só acoden ás parroquias a facer este tipo de eventos para pedir o voto, sen importarlle o resto da lexislatura”, sostén Rodríguez Davila.
Os populares presentarán ás persoas que integran a lista que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio
Os populares, sinalan que “ademais de presentar ás persoas integrantes da lista tamén escoitaremos as propostas e demandas dos veciños, como vimos facendo sempre, de cara a telas en conta nas propostas e promesas do seu programa electoral”, tamén darán a coñecer á veciñanza “a situación actual do Bipartito local, as xestións e actuacións levadas a cabo nos últimos 8 anos, o despilfarro e a débeda existente”.
A primeira destas charlas coloquios será esta mesma tarde en Soutelo ás 21.45 horas. Mañá celebrarse en San Jorge e a próxima semana será: o luns na Feira, o martes na Picoña, o xoves en Entenza e o sábado en Barreiro. Logo, o luns 27 de abril terá lugar a xuntanza en Budiño e o mércores 29 en Parderrubias. Esta rolda de precampaña rematará o domingo, día 3 de maio, ás 19.45 horas, no centro da vila, coa presentación oficial da candidatura. As xuntanzas das parroquias serán todas á mesma hora, ás 21.45 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191