Mos
Cinco persoas feridas tras colidir dous vehículos en Mos
Os efectivos de Urxencias Médicas atenderon na tarde de onte a cinco persoas que resultaron feridas de diversa consideración tras un choque fronto-lateral entre dous vehículos. O accidente tivo lugar no concello pontevedrés de Mos, na Estrada da Vía que vai dende a Peña de Francia ata o aeroporto Peinador. Tras recibir a aleta dun particular, ao redor das 18:30 horas de onte, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención da Policía Local, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de emerxencias municipal, ademais dos servizos sanitarios de urxencia.
Dúas horas máis tarde, ao redor das 20.30 horas, unha saída de vía no mesmo concello, en Mos, saldouse con varias persoas feridas que foron trasladadas por Urxencias Médicas. Unha delas, unha moza, tivo que ser atendida polos efectivos de emerxencias, ao quedar atrapada polas pernas no interior dun dos vehículos. O accidente tivo lugar na A-55, no punto quilométrico 12. Trala alerta, o 112 Galicia avisou, ademais, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Baixo Miño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115