Tui
O BNG-Asembleas Abertas de Tui presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais con Carme Núñez como cabeza de lista
O BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura no Concello de Tui con Carme Núñez como cabeza de lista para os comicios municipais do 24 de maio, unha “candidatura renovada tras un proceso de asembleas abertas á veciñanza do concello que facilitou a incorporación de persoas independentes que apostan polo proxecto político do Bloque para aportar solucións aos problemas do municipio”.
O acto tivo lugar na Sala Félix, presentado por Carme Verde,ex- concelleira de Tui, e contou coa asistencia de de máis de 160 persoas.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de centro histórico e mobilidade de Pontevedra, Luis Bará, arrouparon a presentación da candidatura cunha charla colóquio “Concellos do BNG premiados internacionalmente”.
O Concello de Pontevedra ten recibido ultimamente varios premios internacionais relacionados coa contribución para o desenvolvemento humano e urbano. Entre eles o outorgado pola ONU en Dubai.
O Concello de Tomiño, tamén gobernado polo BNG, obtivo entre outros o premio de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada por Unicef, valorando proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia.
Pola súa banda, Carme Núñez sentiuse “emocionada de ver a cantidade de xente que acompañou ao BNG-Asembleas Abertas neste acto e o apoio optimista recibido fai ter máis seguridade no proxecto político”.
A candidata á Alcaldía salientou “a necesidade dun goberno en Tui que sexa quen de entender as verdadeiras necesidades e demandas das veciñas e vecinos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115