Mos
Os Bolechas chegan a Mos polo Camiño de Santiago con motivo do Día do Libro
O novo conto destes pequenos heroes ambiéntase na localidade mosense e foi presentado o pasado domingo 19 cun espectáculo na Carballeira de Santiaguiño
Os Bolechas presentaron o seu libro Os Bolechas van a Mos o pasado domingo, 19 de abril, na Carballeira de Santiaguiño, parroquia de Guizán.
Os Bolechas naceron da man do ilustrador Pepe Carreiro e convertíronse nun fenómeno de masas. Son seis irmáns máis un can que viviron toda clase de aventuras por Galicia e que nesta ocasión visitan Mos con motivo da celebración do Día do Libro que se conmemora o 23 de abril.
A actividade dos Bolechas non será a única da programación do Día do Libro 2015, xa que durante a semana do 20 ao 26 de abril todos os/as socios/as da Biblioteca Municipal de Mos poderán participar nun intercambio de libros.
Ademais o propio día 23 tódolos/as socios/as que collan libros en préstamo participarán no sorteo dun lote de libros.
As aventuras dos irmáns Bolechas chegaban este domingo á Carballeira de Santiaguiño, onde todos os rapaces coñeceron o novo libro dos seus pequenos heroes. Os Bolechas Carlos, as xemelgas Pili e Loli, Braulio, Sonia e Tatá, acompañados todos do seu inseparable husky siberiano Chispa, presentarán nesta ocasión o seu libro Os Bolechas van a Mos, unha fermosa e divertida aventura que acontece no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.
Os Bolechas
As aventuras dos Bolechas están protagonizadas por seis irmáns e o seu can:
Carlos Bolechas: é o irmán maior (uns 7 anos), é o "responsable" e o que, por idade, ten que facer fronte ás situacións máis comprometidas, non sen medo; é o que máis relación ten con Chispa, o can da serie; é comellón, algo bruto, equilibrado e os seus xoguetes favoritos son os bonecos tipo "Supermúsculos".
Loli Bolechas: xunto con Pili, a súa irmá xemelga, é a segunda en idade (uns 6 anos); é activa, positiva, un punto frívola e xoga tanto con coches teledirixidos coma con pulsos.
Pili Bolechas: é semellante á súa irmá xemelga, aínda que un pouco máis seria. Gústanlle os oficios tradicionalmente de homes: mecánica de automoción, carpintaría, etc.
Braulio Bolechas: é o terceiro en idade (5 anos); tímido, non quere que o vexan nu nin na súa intimidade; é o máis cerebral dos irmáns e algo despistado; gústanlle os instrumentos de música e os ordenadores, ademais doutros xoguetes de tipo "científico".
Sonia Bolechas: é a cuarta en idade (3 anos); é caprichosa e algo contista e acusona; un pouco "maruja"; gústalle andar con cousas de mulleres adultas: bolsos, zapatos de tacón, barra de labios; os seus xoguetes favoritos son os relacionados cos salóns de peiteado e estética; encántanlle as princesas.
Tatá Bolechas: é o máis pequeno da familia (9 meses); aínda non fala nin anda; é un bebé "serio", pouco dado ás andrómenas propias da súa idade; curioso; a súa compañía inseparable é o chupete; lévase ben con Chispa, quizais porque ningún dos dous fala.
Chispa: é un can de raza husky siberiano; anda sempre entre os donos; a súa presenza, aínda que discreta, faise notar; é un can de peso, pouco dado a ladrar sen motivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115