Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo aposta pola continuidade na lista electoral para as vindeiras eleccións municipais

A candidata asegura que os mosenses teñen a mesma confianza que ela nos actuais concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local

[Img #18428]A candidata á Alcaldía de Mos, e actual rexedora local mosense, Nidia Arévalo, fixo pública a lista electoral dos candidatos do Partido Popular que se presentarán ós vindeiros comicios municipais a celebrar o 24 de maio.

 

De dita lista Arévalo destacou a súa aposta pola "continuidade dos números 1 ó 10 e as novidades incluídas nos postos 11 e 12". “Do 1 ó 10 mantéñense as mesmas persoas e nos mesmos postos que actualmente ocupan os cargos de concelleiros e concelleiras no equipo de goberno local; continúan porque eu confío neles e os veciños e veciñas de Mos tamén confían, son traballadores incansables que durante os últimos catro anos primaron os intereses xerais do municipio deixando moitas veces a un lado ás suas familias e vidas persoais”, declarou a candidata popular.

 

A lista do PP de Mos está composta por un total de 27 persoas, 17 en cabeza e 10 suplentes. 12 son mulleres e 15 homes. Entre estas 27 persoas "prima a xuventude, aínda que tamén é moi importante a experiencia dos máis veteranos". En palabras da propia cabeza de lista “todos teñen moito que aportar para poñer en valor os ideais que representamos”.

 

Neste sentido Nidia Arévalo facía referencia ó "arduo e duro labor que supuxo para ela a elección dos membros da lista electora". “Foi unha tarefa moi difícil posto que todos, tanto os que van na lista como os que non, son membros do comité local do PP de Mos e levan traballado moito polo partido”, dixo, e continuou aclarando que “pido perdón ós que quedaron fóra pero tamén quero trasladarlles que conto co seu apoio e que todos son de vital importancia para min”.

 

Novidades

 

Por último Arévalo abordou ás dúas principais novidades da súa lista electoral: o número 11, Baldomero Lorenzo García, e o 12, Camilo Grandal Pérez. Sobre Lorenzo Nidia Arévalo declarou que “é unh home sobradamente coñecido na parroquia de Louredo, activo traballador a prol da súa parroquia e persoa altamente valorada polos seus conveciños”. Respecto de Camilo Grandal apuntou que “sobran as palabras, xa que todo Mos é sabedor do gran labor de tantos anos por el realizado na parroquia de Torroso, presidente da Comunidade de Montes e cunha andadura histórica no Círculo Cultural e Recreativo de Torroso e nas Banda de Música Xuvenil e Escola de Música de Torroso, dende o ano pasado a parroquia presume dun Centro Dotacional que foi posible, en gran medida, á súa xestión á fronte da Presidencia da Comunidade de Montes de Torroso”.

 

“En definitiva, acompáñanme nesta lista o mellor de Mos que sei que, de contar o 24 de maio co apoio dos veciños e veciñas, fará o mellor para Mos durante os próximos catro anos”, concluiu a candidata do PP á Alcaldía mosense.

 

 

 

Lista electoral PP de Mos-Eleccións municipais maio 2015:

 

1. Dona Nidia María Arévalo Gómez

2. Don Óscar Soto Abadín

3. Dona Julia Loureiro Campo

4. Don Alberto Méndez Lago

5. Don José Luis Alonso Seijo

6. Dona María Raquel Monzón Otero

7. Don Cándido Pérez Rodríguez

8. Dona Sara María Cebreiro Alonso

9. Don Camilo Augusto Martínez

10. Don Isidoro José Táboas Moldes

11. Don Baldomero Lorenzo García

12. Don Camilo Grandal Pérez

13. Dona Montserrat Pereira Troitiño

14. Don Leopoldo Costas Alonso

15. Dona Lourdes José Davila

16. Don Alberto Cuevas Lorenzo

17. Dona Lucía Blanco Campo

 

SUPLENTES

1. Don José Areal Giráldez

2. Don Luis Sousa Sousa

3. Don Roberto García García

4. Dona Laura Méndez Senlle

5. Dona María de los Ángeles Senlle Martínez

6. Don Luis Álvarez Loureiro

7. Dona Rosa Rodríguez Carrera

8. Dona María Tania Rodríguez Jorge

9. Don José Manuel Costas Alonso

10. Don José Alonso Leirós

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.