Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 24 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Represas aposta por reformar o núcleo urbano inspirándose no modelo de Pontevedra

A candidatura do BNG mantivo unha reunión de traballo co Alcalde Lores e membros do goberno do BNG en Pontevedra

[Img #18429]O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, acompañado dos seis primeiros compoñentes da lista nacionalista, participou na tarde do pasado luns nunha reunión de traballo co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e os membros do goberno local, César Mosquera e Carme da Silva. Na reunión, Lores e os concelleiros do goberno do BNG compartiron as claves da transformación de Pontevedra na última década, as medidas postas en marcha que converteron a Pontevedra nun concello premiado internacionalmente.

 

Lores dixo que “o mellor premio é saír á rúa cada día en Pontevedra e ver que as persoas son as donas do sitio onde viven”. Lores explicou como, en Pontevedra, apostaron por un modelo de cidade amable “cos nenos, coas persoas maiores e cos discapacitados, un modelo que dinamizou a actividade comercial”

 

Para o rexedor pontevedrés “é necesario ter claro o que queremos e aplicalo, nos témolo claro e precisamos que a maioría da xente nos apoie para poder levar a práctica o modelo que máis lles vai beneficiar”.

 

Ao remate da reunión, Represas manifestou que “Pontevedra é un exemplo das políticas do BNG para o núcleo urbano de Ponteareas” e engadiu que “no BNG temos claro cal é o modelo de concello que queremos e a necesidade urxente de revitalizar a actividade de ocio, cultural e deportiva para reactivar o comercio e hostalería local. Estamos en disposición de levar a cabo a transformación que precisa Ponteareas e que a xente sinta unha maior satisfacción por vivir aquí”

 

Unha reforma inspirada en Pontevedra

 

O BNG propón unha reforma urbana de Ponteareas inspirada nas políticas aplicadas en Pontevedra, un modelo no que o ser humano e as súas actividades sexan os protagonistas da vida urbana. As propostas de intervención procurarán: gañar espazo público, levar a cabo actividades dirixidas ao conxunto da poboación, tanto económicas como de lecer ou consumo, potenciar a actividade comercial e de servizos, recuperar o Tea para o disfrute da cidadanía e mellorar a accesibilidade, sobre todo tendo en conta as necesidades de mobilidade das persoas que máis dificultades teñen.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.