Tui
Preto de 200 ciclistas participarán este domingo na II Transgalaica BTT Tui 2015
A “II Transgalaica BTT – Tui 2015”, proba competitiva de ciclismo de montaña está organizada polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. A proba, que se celebrará este domingo 26 de abril, conta con preto de 200 inscritos.
Na presentación o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, deu conta do percorrido que terá a proba. A saída terá lugar este domingo ás 10h dende o Pavillón da Comunidade de Montes de Areas. O percorrido total é de 60 quilómetros con dúas voltas, de 30 quilómetros cada unha, ao circuíto establecido. A entrega de trofeos está prevista para ás 13.30h.
Avelino Vaz, ciclista do equipo de la Fuente, explicou que o percorrido é similar ao de edicións anteriores, pasando por Malvas, Areas, Pexegueiro, San Omedio e o Río Furnia, mais en Areas cambiarán un pequeno tramo de 2 quilómetros. Os ciclistas terán que probar en parte do traxecto a súa resistencia. A ruta contará con zonas accesibles para que o público poida ver a Transgalaica.
A Transgalaica BTT trátase dunha competición formada por catro probas. As que xa se celebraron disputáronse en Cotobade, O Porriño e en Vigo e a última chegará a Tui esta fin de semana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115