Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 29 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Movemento Salceda presenta a súa candidatura

[Img #18502]Movemento Salceda, a Agrupación de Electores que acolle ao Alcalde de Salceda e ao seu equipo de goberno, deu a coñecer o pasado domingo a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.

 

A lista, formada por 10 mulleres e 13 homes, está encabezada polo actual equipo de goberno, “abalando así o traballo realizado nos oito anos que levan gobernando. As sete parroquias están representadas na candidatura, que ademais combina a experiencia coa xuventude, ofrecendo así o grupo de persoas que mellor pode representar aos salcedenses para dirixir o Concello de Salceda. Fundamental resulta tamén a enorme vinculación dos candidatos e das candidatas co tecido asociativo do municipio, con representación en moitas das asociacións existentes no Concello”.

 

Movemento salienta que “defende o traballo realizado con determinación, con transparencia, con honradez e con honestidade para construír xuntos a Salceda soñada por todos e todas, baseándose sempre no traballo constante, a negociación honesta e responsable e o diálogo permanente coa veciñanza”.

 

Loli Castiñeira, que ocupa o número 2 na candidatura, defende que “Apostamos por un Concello no que as relacións son de ti a ti, todas as persoas contan igual e a autoridade móstrase con feitos. Un Concello aberto, participativo e comprometido, que defende un principio básico: Salceda de Caselas é de todos e de todas, e non duns poucos”.

 

En palabras do actual Alcalde e candidato por Movemento Salceda, Marcos Besada, “Salceda iniciou hai case oito anos unha nova etapa para o seu futuro. Un Concello e unha vila pensados para a xente, un Concello onde vivir, traballar e gozar, recuperando o orgullo de vivir en Salceda e ofrecendo ó País unha nova imaxe tras máis de trinta anos de goberno do Partido Popular. Ó longo destes anos demostramos que temos un proxecto para o noso Concello e capacidade para facelo posible. Síntome orgulloso de poder contar na candidatura que encabezo con persoas comprometidas cos seus veciños e veciñas, persoas sempre ao servizo da xente, persoas comprometidas coa xente con dificultades, coa xente que precisa máis atencións, coa xente maior, coa infancia, coa xente que non ten traballo...”.

 


CANDIDATURA:

1. MARCOS DAVID BESADA PÉREZ. 40 anos. Entenza.

Actual alcalde. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Industrial na Universidade de Vigo. Participou nas actividades da Asociación Xuvenil A Turonia na que exerceu o cargo de Secretario. Foi Concelleiro dende o 1.999 ata o 2.007.

 

2.- MARÍA DOLORES CASTIÑEIRA ALÉN. 38 anos. Soutelo.

Actual Concelleira de Comercio, Turismo, Mocidade e Sanidade. Técnica administrativa en industria e comercio. Auxiliar de voo. Foi secretaria da Asociación Cultural de Soutelo dende o 2008 ata o 2010. Traballa nos departamentos administrativo e comercial e de atención ó cliente dunha empresa de vending. Responsable de Política Municipal de Movemento Salceda.

 

3 - JOSE LUIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ.  39 anos. Esfarrapada.

Actual Concelleiro de Economía e Facenda, Réxime Interior, Tráfico e Seguridade Cidadá. Diplomado en Relacións Laborais. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Master en  condicións de traballo pola Universidade de Vigo. Integrou a comisión xestora para a recuperación da Asociación de Veciños Caselas e posteriormente foi membro da súa directiva.  Responsable de Finanzas de Movemento Salceda.

 

4- MARÍA TERESA PÉREZ GONZÁLEZ. 36 anos. Barreiro.

Actual Concelleira de Cultura, Ensino, Festexos e Normalización Lingüística. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Técnica Superior en Imaxe. Formou parte da Directiva do Centro Cultural e Social de Castro Barreiro e foi tesoureira da Traída de Augas de Barreiro. Fundadora do Grupo “Donicelas”. Mestra de música e baile tradicional. Coordinadora Xeral de Movemento Salceda.

 

5 - CARLA MARÍA PÉREZ PÉREZ. 33 anos. Parderrubias.

Actual Secretaria de Alcaldía. Enxeñeira Tecnical Forestal, especialidade en Explotacións Forestais. Enxeñeira de Montes. Membro Claustral e de Xunta de Escola da ETS Forestal de Lugo polos CAF. Responsable de Comunicación e Prensa de Movemento Salceda.

 

6- CÁNDIDO LORENZO GONZÁLEZ. 53 anos. San Xurxo.

Actual Concelleiro de Medio Rural e Medioambiente. Encargado na industria transformadora do granito. Exerceu cargos de vogal e Vicepresidente na Asociación de Veciños de San Xorxe. Na actualidade é presidente da Traída de Augas de Condide.

 

7.- FORTUNATO ÁLVAREZ GONZÁLEZ. 62 anos. A Feira.

Actual Concelleiro de Vías e Obras. Técnico en telecomunicacións. Xubilado de Telefónica. Participou en varias etapas na Xunta Directiva do Centro Cultural de A Feira. Participou no ano 1979 nas primeiras eleccións municipais.

 

8 - EMMA MARTÍNEZ TABOADA. 44 anos. Parderrubias.

Técnica Especialista Administrativa. Foi Tesoureira e vogal da Asociación Cultural Xunco. Foi compoñente da directiva do Club Baloncesto Caselas. Forma parte do Consello Escolar do IES Pedras Rubias.

 

9 - LUCÍA PEREIRA GONZÁLEZ.  28 anos. A Feira.

Licenciada en Dereito. Foi secretaria da Asociación Cultural A Feira, da Asociación Xuvenil Entroido e da Asociación de Veciños Escola da Feira. Responsable de Igualdade e Xuventude de Movemento Salceda.

 

10.- MIGUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ. 56 anos. Soutelo.

Profesor de EXB. Traballador do sector da pedra. Presidente da 1ª Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Soutelo. Vicecoordinador Xeral de Movemento Salceda.

 

11. CARLOS VAQUEIRO MATEO. 65 anos. Budiño.

Técnico en artes gráficas. Actual presidente da Comunidade de Montes de Budiño. Foi presidente do Centro Cultural O Coto. Foi concelleiro entre os anos 1987 e 1992. É vogal da Xunta Coordinadora de Movemento Salceda.

 

 12.- ALEJANDRO RODRÍGUEZ CANOSA. 28 anos. Esfarrapada.

Estudiante de Publicidade e Relacións Públicas. Técnico Superior en Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Foi tesoureiro da Asociación de Amigos da Música, da que actualmente é secretario. É compoñente da Banda Cultural de Salceda.

 

13 - NELIA BRUÑA SÁNCHEZ. 34 anos. Esfarrapada.

Traballadora social. Actualmente traballa no sector da discapacidade. Actual presidenta da ANPA do CEP Altamira, e compoñente do Consello Escolar do mesmo colexio.

 

14- LUIS NOGUEIRAS RODRÍGUEZ. 38 anos. Picoña.

Empregado no sector da pedra. Xogador do Atlético San Martín.

 

15 - NOELIA RODRÍGUEZ CRUCES. 26 anos. Budiño.

Estudiante de ciclo medio de Administrativo. Instructora de zumba e mestra de playback. Foi secretaria e presidenta do Centro Cultural O Coto de Budiño.

 

16.- CRISTIAN NÚÑEZ RODRÍGUEZ. 23 anos. Entenza.

Graduado en Enxeñería Eléctrica.  Foi vogal e tesoureiro da Asociación de Xóvenes A Turonia. Foi árbitro de piragüísmo e xoga no Entenza S. D.

 

17.- ISMAEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ. 30 anos. Soutelo.

Técnico medio en electromecánica. Delegado sindical de prevención de riscos. Foi membro da directiva do Centro Cultural de Soutelo. Adestrador nivel 1. Foi adestrador nas Escolas Deportivas Municipais e na categoría xuvenil do Caselas F. C., do cal é actualmente membro da directiva.

 

18.- JAVIER ALONSO PÉREZ. 32 anos. Esfarrapada.

Licenciado en música, espcialidade en violonchelo. Director do Coro Polifónico de Entenza e de outras agrupacións corais. Director de Banda de Música. Profesor na Escola de Música Municipal do Porriño.

 

19 - MÓNICA LEMOS VALCÁRCEL. 39 anos. Parderrubias.

Perruqueira. Formou parte de distintas directivas da Asociación Cultural Xunco de Parderrubias, da que foi vogal e Vicepresidenta. Forma parte dos grupos de teatro e baile. Vogal na Xunta Coordinadora de Movemento Salceda.

 

20 - SANTIAGO LORENZO OJEA.  41 anos. Barreiro.

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Automática, pola Universidade de Vigo.  Foi secretario da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas e vogal do  C.C.S. de Castro Barreiro. É compoñente da Banda Cultural de Salceda.

 

21.- BEATRIZ GARCÍA MARTÍNEZ. 32 anos. A Feira.

Traballadora da hostelería na Universidade de Vigo. Realizou estudios de comercio e marketing. Foi tesoureira da Asociación Cultural A Feira.

 

22.- MANUEL GIRÁLDEZ NOVOA. 62 anos. San Xurxo.

Empresario do comercio ambulante. Foi presidente da Traída de Augas de San Xurxo. Actualmente é vicepresidente da Asociación de Veciños de San Xurxo.

 

23.- Mª BELÉN ÁLVAREZ ÁLVAREZ. 49 anos. Esfarrapada.

Auxiliar de clínica. Técnico especialista en radioloxía. Traballa no SERGAS. Formou parte do Consello Escolar do CEP Altamira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.