Provincia
Convocadas 20 bolsas de práctica laboral en oficiñas de turismo da provincia
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra ven de convocar 20 bolsas de práctica laboral en oficiñas de turismo da provincia.
En total serán 12 bolsas de 3 meses de duración (15 xuño-15 setembro) para os concellos de Arbo, Covelo, Cuntis, A Estrada, Gondomar, Marín, Moaña, Meis-Armenteira, Oia, Ponteareas (Castelo de Sobroso), Silleda e Soutomaior (Castelo).
Para outros oito concellos haberá bolsas de 4 meses de duración (15 xuño-15 outubro) repartidas nos concellos de Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Nigrán, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.
A convocatoria será por concorrencia competitiva e poderán optar a elas Graduados ou Diplomados de Turismo, Técnicos superiores de Información, Comercialización e Asistencia Turística menores de 31 anos que estean en paro. A dotación económica será de 800 €/mes para Graduados e Diplomados, e de 700 €/mes para Técnicos Superiores.
Para inscribirse haberá que facer unha preinscripción a través da web da Deputación e logo presentar o xustificante electrónico xerado no Rexistro Xeral no prazo de 10 días, tralo anuncio no BOPPO. A selección seguirá igual proceso que o Plan Práctica Laboral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136