Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 03 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:

Encontro sociolingüístico, música dos alumnos do EIS de A Salvaterra e Mondariz

[Img #18547]O pasado 29 de abril o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e o CPI de Mondariz participou nunha xornada de convivencia e traballo sociolingüístico.

 

As actividades -programadas polos equipos de Dinamización Lingüística, Bibliotecas e os departamentos de Lingua e Matemáticas de ambos centros-, deron continuación a unha xornada semellante que tivo lugar o curso pasado no concello de Mondariz.

 

Pola mañá, a rapazada tomou as rúas para realizar un Estudo Sociolingüístico do Uso do Galego no Sector Servizos na localidade.

 

 Para isto,  pasaron enquisas nun total de 120 establecementos. Despois,  na Casa da Cultura dixitalizaron a información, elaboraron estatísticas e realizaron as reflexións sociolingüísticas pertinentes.

 

Tras unha mañá de traballo intensivo, recuperaron folgos cun xantar no parque da Canuda. Enfiaron así a tarde para achegarse ao mundo da música contemporánea na nosa lingua, coa actividade que puxo o colofón á xornada: GARCÍA MC, vocalista dos Grupos Dios ke te crew (DKTC) e Labregos do Tempo dos Sputniks que desenvolveu un obradoiro HIP HOP no instituto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.