A Guarda
A salvo un pescador que caeu dunha piragua na Guarda
Un home que pescaba a bordo dunha piragua na desembocadura do Río Miño, na Guarda, precipitouse á auga e foi arrastrado pola corrente ata un lugar coñecido como Catana. Pese a térense mobilizado os servizos de rescate de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, en concreto, o Pesca 1, o home, provisto de chaleco salvavidas, conseguiu saír da auga polos seus propios medios. Xa en terra, asegurou que se atopaba en perfecto estado de saúde e rexeitou a asistencia sanitaria. Ás 11:20 horas de hoxe, un familiar chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. De inmediato, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén, solicitaron a colaboración do GES da Guarda, da Garda Civil e dos Bombeiros do Baixo Miño, que descartaron desprazarse en canto os servizos de rescate marítimo confirmaron que o pescador estaba a salvo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213