O Porriño
O BNG fixa como prioridade recuperar a xestión pública dos servizos municipais
Realizará un estudo para remunicipalizar de forma progresiva servizos como a auga e o lixo, que encareceron o seu custo durante o actual goberno.
O BNG mantén o seu “compromiso de reverter o modelo privatizador aplicado polo PP no Porriño”. A recuperación dos servizos públicos é unha das prioridades do proxecto de goberno nacionalista, que considera “a xestión directa como o mellor antídoto contra a corrupción e como unha oportunidade para crear emprego público de calidade”.
Dende o Bloque do Porriño explican que realizará “un estudo previo para valorar o estado dos contratos e dos servizos afectados, para proceder a unha progresiva remunicipalización que atenda as necesidades máis urxentes da veciñanza. Os servizos serán xestionados a través dunha Empresa Pública de Servizos, plural e sen carácter lucrativo, que permitirá unha mellor fiscalización e aproveitamento dos recursos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22