Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 09 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

BNG e comerciantes do Porriño coinciden na necesidade de adaptar as taxas fiscais para o sector

O candidato nacionalista, Pedro Pereira, reuniuse este xoves con representantes dos comercios para achegar posturas e coñecer as súas demandas

[Img #18658]O candidato do BNG á Álcaldía, Pedro Pereira, e varios membros da candidatura nacionalista reuníronse este xoves coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) para escoitar as demandas e inquedanzas do sector e dar a coñecer as propostas da fronte cara as eleccións do 24 de maio. Un dos puntos que máis preocupa ao colectivo, recollido no programa do Bloque, é o relativo as taxas fiscais que afectan ao comercio local.

 

A formación nacionalista estuda unha modificación das ordenanzas fiscais do concello para adecualas á realidade do sector. BNG e Acipor coincidiron en sinalar como “inxustas” as taxas actuais, en especial a relativo ao lixo. Pedro Pereira propón introducir novos criterios que permitan axustar o custo coa actividade e o persoal de cada comercio. Na actualidade, só se ten en conta a superficie do establecemento.

 

Compartiron tamén a necesidade de potenciar a oferta turística, ante o aumento de peregrinos e peregrinas que rexistra o concello. Nese sentido, Pereira trasladou a intención do BNG de dinamizar a promoción de rúa, coa elaboración dunha programación estable e descentralizada, que non se limite a momentos puntuais e que favoreza a todas as parroquias do Porriño.

 

Durante o encontro, valorouse ademais a aposta do BNG de continuar co proceso de humanizacións que emprendeu durante a súa etapa de goberno como elemento dinamizador do comercio local. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.