Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos celebra as Letras Galegas con música

Están programados un concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso e o espectáculo María Fumaça de Uxía Senlle

[Img #18689]O Concello de Mos presentou o seu cartel e programación para o vindeiro Día das Letras Galegas, que se celebra o domingo 17 de maio. O programa de actos consta de actividades matutinas e vespertinas. En horario de mañá realizarase a homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor ó que se lle adica este ano o Día das Letras; que terá lugar no Centro Dotacional de Torroso a partir das 12.00 horas.

 

En dito acto contarase coa actuación do grupo de baile Ruada de Torroso e un concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso. As pezas interpretadas serán todas de temética galega, entre as que se atoparán o Pasodobre Porriño de Rogelio Groba, Sangral de Israel Quintas e A Lenda de Montelongo de Bernardo del Río, entre outros.

 

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, no Multiusos das Pozas (parroquia de Petelos) celebrarase a segunda actividade do día consistente no espectáculo musical María Fumaça “Xiqui Xoque, Fiú, Fiú”.

 

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Tanxarina, Carlos Blanco, Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos viaxan nun espectáculo no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.

 

María Fumaça nace como unha idea de Uxía para agasallar a Ruí, o seu afillado, un neno marabilloso que ten unha discapacidade. Dende hai anos, polo nadal, unha morea de artistas amigos xuntábanse na casa de Ruí para agasallarlle as súas cancións, a súa alegría, e para facer entre todos esta gran festa da vida que é María Fumaça.

 

Tamén móstrannos a todos que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.