Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 10 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Baiona

Feijóo asegura que só hai un voto que serviu para loitar contra a crise e que garante a gobernabilidade: o voto ao Partido Popular

[Img #18696]O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que só hai un voto que serviu para loitar contra a crise e que evitaría a crise das institucións e garante a gobernabilidade: o voto ao Partido Popular.

 

Así se expresaba o dirixente popular nun mitin en Baiona, onde estivo acompañado polo candidato á Alcaldía, Jesús Vázquez Almuiña. Alí, Feijóo engadía que non é posible pelexar contra a crise desde unha crise institucional e de gobernabilidade.

 

O presidente dos populares galegos advertiu que votar contra a crise é facelo a favor de gobernos con experiencia, que dan estabilidade e que só están ao que teñen que estar.

 

Feijóo lembrou que sempre que hai dificultades a xente confía no PP para que se enfronte a elas e cre que, pese a que sempre se poden facer mellor as cousas, o que é seguro é que os populares o fixeron mellor que os outros. Neste senso, aludiu aos indicadores económicos e sinalou que, fronte á pésima xestión de outros, as contas foron controladas, as débedas e as facturas estanse a pagar, os servizos públicos están asegurados, a economía volve a crecer e o paro está baixando.

 

A RESPOSTA É O PARTIDO POPULAR

O líder do PPdeG convidou aos alí presentes a preguntarse si lles importa ou non quen e como se xestionan os impostos, cales son as candidaturas e cales os posibles gobernos, que é o que máis lle convén ao concello, que opción supón maior gobernabilidade ou quen xestionou mal e está a cambiar as cousas. A este respecto, o dirixente popular amosouse convencido de que hai unha maioría de veciños que concordará nunha mesma resposta: o Partido Popular e os seus candidatos.

 

Nesta liña, Feijóo reiterou que os candidatos do PP son os únicos que se presentan pensando no concello e non en contra de ninguén senón a favor dos cidadáns.

 

VOTO PARA SEGUIR CAMBIANDO COUSAS

Na súa intervención, o líder do PPdeG admitiu que non é sinxelo enfrontarse a buracos económicos como os que os populares tiveron que tapar, nin a contas que decrecen, á conta atrás que Europa tiña para España, aos estudos económicos que auguraban a fin dos servizos públicos, á situación das familias que o están a pasar mal e moito menos cando mentres uns o dan todo, outros se dedican a manchar a política e a manchar as siglas dos que están actuando.

 

Por iso, Feijóo dirixiuse a aqueles que votaron ao PP hai catro anos e agora teñen dúbidas de volver facelo, para asegurarlles que o seu voto foi útil e axudou a que cambiaran as cousas. O líder dos populares tamén asegurou que os que votaron ao Partido Popular non atoparán en ningún outro partido as súas ideas, nin a xestión que esperan dos populares porque só o Partido Popular é o partido que pode dar aos que o votaron o que queren e que esixen.

 

Por outra banda, Feijóo lembrou que a experiencia dun bipartito de partidos que perderon as eleccións, cun goberno sometido á imposición dos nacionalistas, non funcionou en Galicia. Neste senso, criticou que agora, en vez de facer unha proposta cohesionada presenten esa mesma división pero multiplicada por tres, catro ou cinco, segundo o concello no que a presenten.

 

Baiona

Alberto Núñez Feijóo recordou ao seu paso por Baiona o compromiso que manteñen a Xunta e o Partido Popular por traballar no futuro do Concello e da Comarca, contando cun candidato á Alcaldía, Jesús Vázquez Almuiña, que prioriza o que verdadeiramente importa.

 

Por iso, o PP está traballando por mellorar a mobilidade aprobando o transporte metropolitano, bonificando a peaxe entre Puxeiros e Val Miñor; e licitando a nova prolongación que aumenta o itinerario ciclista entre Baiona e A Guarda. Tamén por iso, os populares están traballando por un futuro con mellores infraestruturas contribuíndo a que se executen os ramais de enlace coa Autoestrada do Val Miñor ou rematando a rotonda de Sabarís; e, por iso,  o PP estase esforzando por conseguir un saneamento e un abastecemento axeitados cun investimento de case  25 millóns de euros nos colectores e na EDAR.  

 

O líder do PPdeG falou, ademais, dos proxectos cos que o seu partido acadou un maior benestar en Baiona como a rehabilitación do casco histórico, a creación dunha unidade de radioloxía que dá servizo a toda a Comarca, a construción do primeiro centro de día que presta un servizo mancomunado a Baiona, Nigrán e a Gondomar; e asegurou que este ano os veciños terán á súa disposición o novo Hospital Público de Vigo.

 

Ao finalizar este acto, Alberto Núñez Feijóo asistiu a un mitin que se celebrou en A Guarda e no que estivo acompañado pola candidata á Alcaldía, Concepción Ortega e polo presidente provincial, Rafael Louzán.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.