Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 15 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Gondomar

Benestar Social de Gondomar informará sobre o Programa de Turismo do Imserso 2015-2016

O prazo de presentación inicial estenderase ata o 5 de xuño

O Departamento de Benestar Social do concello de Gondomar, a través da Administración Xeral do Estado, pon en marcha o Programa de Turismo do Imserso 2015-2016.


Esta programación encóntrase dentro da política de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo facilitar a incorporación destas persoas ao fluxo do turismo e paliar as consecuencias que en materia de emprego produce o fenómeno da estacionalidade neste sector.


O prazo de presentación neste Programa para a tempada 2015-2016 estenderase ata o 5 de xuño de 2015.


Se dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprir unha nova solicitude, o Imserso contactará coas persoas que se encontren nesta situación para proceder á renovación de datos; pola contra, se accede por primeira vez ao Programa ou se continúa a súa participación, tras un período inactivo, deberá formalizar unha nova solicitude.


O prazo de presentación manterase aberto a partir do 6 de xuño e ata o día 1 de decembro de 2015, para aquelas persoas que non tivesen formulado no seu momento a solicitude, para estes solicitantes non haberá valoración, pero serán notificados e, no seu caso, acreditados, só para cubrir posibles vacantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.