Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Abre o prazo de inscrición na excursión para maiores a Arribes do Douro

Comezará hoxe e finalizará o vindeiro 3 de xuño

Hoxe comeza o prazo de inscrición na excursión a “Arribes do Douro” para a terceira idade de Mos que se levará a cabo os vindeiros días 16 e 17 de xuño.

 

Preténdese con esta actividade ofertar ós maiores do municipio a posibilidade de coñecer outros lugares fóra da comunidade galega, con gran riqueza e encanto cultural e paisaxístico. Neste caso, terán a oportunidade de coñecer en cruceiro, o “Parque Natural de Arribes do Douro” ademais de visitar as localidades de Zamora, Miranda do Douro e Puebla de Sanabria.

 

O Parque Natural de Arribes do Douro: é un espazo natural protexido do oeste español e máis concretamente do noroeste da provincia de Salamanca e o suroeste da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, xunto a fronteira portuguesa. Ademais de perder pouco a pouco o contacto visual coa civilización,  pódese disfrutar dun paisaxe espectacular e dunha fauna e flora autóctonas favorecidas polo microclima específico da zona.

 

Zamora: é un municipio e cidade española situada entre o cento e o noroeste da península ibérica, capital de provincia, na comunidade autónoma de Castela e León, cerca da fronteira con Portugal e a unha altura de 652 metros sobre o nivel do mar. A cidade se comprace en ter un conxunto arquitectónico de gran valor artístico, o que lle fixo engrandecer como cidade monumental.

 

Miranda do Douro: é unha cidade portuguesa, pertencente ó Distrito de Braganza, Rexión Norte e subrexión de “Alto Tras-os-Montes”, Terra de Miranda. É a sede dun municipio formado por 17 freguesías, que abarca unha superficie de 488,36 km² e unha poboación de 7.842 habitantes (2011). Cidade fronteiriza, comercial e cun interesante casco histórico.

 

Puebla de Sanabria: é un municipio situado no noroeste da provincia de Zamora, a 113 km da capital provincial, e enclavada na comarca natural de Sanabria. O seu casco urbano encóntrase nun territorio no que a natureza dotoulle de especiais características defensivas, modeladas ó largo dos séculos polo regueiro Ferrera e os ríos Tera e Castro, que lle deron a súa especial fisionomía de espigón. Posúe un lago cheo de encanto e excelente arquitectura popular.

 

Poderán participar nesta viaxe todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Non é preciso que os cónxuxes ou parellas de feito que estean inscritos no rexistro, cumpran os requisitos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en  Mos. Os fillos/as discapacitados/as poden acompañar ós seus pais.

 

Para participar nesta actividade as persoas interesadas deberán apuntarse no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, sendo imprescindible o cumprimento dos requisitos. O prazo de inscrición será dende mañá mércores, 13 de maio, ata o 3 de xuño para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.

 

Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. O día 4 de xuño farase pública a lista de admitidos/as,  para que os participantes poidan facer o ingreso da contía total (110 €), tendo de prazo dende o 4 ó 8 de xuño. Ofrecerase a posibilidade de solicitar habitación individual cun suplemento 25 €.

 

As actividades programadas para o primeiro día de viaxe son saída dirección Zamora. Chegada ó hotel e reparto de habitacións. Comida. Saída cara a Estación Biolóxica Medioambiental. 16:30 Inicio dun Cruceiro no Douro Internacional ata o “Valle del Águila e “Paso de los Contrabandistas. Visita a Miranda do Douro. Regreso ó hotel, cea e aloxamento.

 

O programa do segundo día incluirá almorzo e inicio da visita a Zamora, visitando a  principal rúa peonil da cidade, Santa Clara, visitando tamén a “Plaza de Viriato”, a “Plaza Mayor” e os arredores do “Parador Nacional Condes de Alba y Aliste”. Destacando tamén la “Puerta de la Traición”, o Castelo, a Catedral, a “Iglesia de San Ildefonso”, a “Magdalena”, a “Iglesia de San Torcuato” e o “Museo de la Semana Santa”. Comida en Zamora. No viaxe de regreso, breve visita a Puebla de Sanabria. Viaxe de regreso.

 

As entradas á Catedral e o “Museo de la Semana Santa” estarán subvencionadas polo Concello.

 

Os servizos incluídos nesta excursión son autocar gran turismo, guía acompañante, hotel en réxime de pensión completa, seguro de viaxe e cruceiro medioambiental polos Arribes do Douro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.