Baiona
Unha embarcación afundiu esta mañá fronte a Cabo Silleiro con dúas persoas a bordo
Os efectivos de rescate de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia recataron con vida aos dous únicos tripulantes dunha embarcación que afundiu esta mañá fronte ao Cabo Silleiro, en Baiona. Un dos afectados foi recollido e trasladado polo Pesca I ao aeroporto de Vigo, onde lle agarda unha ambulancia de Urxencias Médicas. Pola contra, o outro tripulante foi evacuado por unha embarcación de rescate de Salvamento Marítimo ao Porto Pesqueiro de Baiona. Alí tamén recibirá asistencia sanitaria de urxencia. O persoal do CAE 112 Galicia activou o operativo tras a chamada dun particular ás 8:50 horas de hoxe. Segundo explicou o alertante, a embarcación afundiu entre Carral e Aguieira e había dúas persoas, unha subida aos restos da embarcación e outra na auga. Os xestores do 112 Galicia informaron de inmediato a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foi alertado o GES de Val Miñor, a Policía Local de Baiona e a Garda Civil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213