Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 17 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Aprobadas novas obras de saneamento en Tomiño

Destinaranse 267.500 euros do Plan de Obras e Servizos á instalación dun sistema de saneamento en Pazos, Camiño Novo, Rexidouro, a Val e Seixo

A Deputación de Pontevedra acordou na xunta de goberno celebrada este venres incluír dúas fases da obra de mellora do sistema de  saneamento de Tomiño nas partidas do Plan Provincial de  Obras e Servizos 2015.  En concreto financiaranse con 267.536 euros  dos fondos provinciais á execución das fases II e III do proxecto de sanemaneto do concello de Tomiño. 

 

O proxecto aprobado pola xunta de goberno provincial autoriza unha vez tramitada polo concello de Tomiño a distribución dos núcleos afectados pola actuación,  a colocación dun sistema de recollida de augas residuais en cinco núcleos do municipio: Pazos, Camiño Novo, Rexidouro, A Val e na zona norte de Seixo.

 

Asimesmo, tamén  se aproba  unha segunda actuación, necesaria para conectar este novo sistema de saneamento ao colector xeral do río Pego. Conexión  que se vai permitir  a canalización das augas dende o fin do colector da estrada de A Val, proxectado na fase I, co colector existente na marxe do río Pego, na estrada entre Seixo e Vilachán. Este vial de titularidade provincial.

 

O obxectivo desta dúas actuacións aprobadas pola xunta de goberno da Deputación é evitar a sobrecarga da rede de saneamento polo incremento do caudal no sistema de recollida na zona de Seixo, co que con esta obra se favorece un mellor servizo e redemento do sistema.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.