Tui
AFAGA recibe un local na planta baixa da Antiga Escola de Chans
O Concello de Tui facía entrega, o pasado día 15, das chaves dun local na planta baixa da antiga Escola de Chans en Randufe, para a AFAGA, Asociación de Familiares do Alzheimer de Galicia. Nela a asociación levará a cabo unha serie de accións que redundan na mellora da calidade de vida dos enfermos e as súas familias.
A AFAGA poderá facer uso da planta baixa, de 110 metros cadrados de superficie útil, mentres este espazo se atope sen uso.
No acto de entrega das chaves estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, apuntou que “hoxe é un día especial porque se materializa un feito no que levaban tempo traballando”. Sinalou que o edificio, que foi escola, se converterá nun fogar tanto para enfermos de Alzheimer como para as súas familias. Finalmente felicitou a AFAGA “xa que os seus profesionais prestan un labor moi importante e ao equipo de Servizos Sociais do Concello”.
O presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, agradeceu “o traballo do Concello de Tui, xa que levan máis de dous anos con programas de estimulación na Área Panorámica”. Destacou que a planta baixa da Antiga Escola de Chans reúne as condicións óptimas para a realización de talleres, o que “supón un paso máis para a atención destes enfermos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213