Ponteareas
Ponte Solidario impulsa unha Mesa Social para tratar temas sociais
A Asociación Ponte Solidario, ante “o rexeite do goberno a súa proposta no Pleno Municipal” ven de impulsar un órgano aberto para tratar temas sociais.
Case dous meses e tres asembleas despois do Pleno Municipal onde se expuxo o Informe de Mínimos, a mobilización por uns mínimos sociais que coordina Ponte Solidario presenta a Mesa Social Aberta. Así o pasado venres 15 de maio, veu a luz un órgano consultivo, “plural e transparente para tratar os temas máis transcendentes da realidade social en Ponteareas”.
A presentación oficial tivo lugar na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo, coa presenza de gran parte dos colectivos sociais de Ponteareas e que se manteñen organizados dende o 17M, cando os votos en contra de PP e ACIP rexeitaban a proposta para que a Mesa Social fose unha “ferramenta pública, aberta e de carácter municipal”. Isto é, segundo aseguran dende a Asociación, “unha irresponsabilidade por parte do goberno cando se trata do ámbito social, onde as persoas deberían importar de verdade”.
A mobilización que impulsa este órgano naceu en apoio ó Informe de Mínimos para Ponteareas e continuou traballando despois do Pleno de marzo, onde as aspiracións sociais de Ponte Solidario sufriron un revés en forma de negativa. Ás 2.000 sinaturas que avalaron o documento de mínimos, sumáronse moitos colectivos que formaron parte da mobilización e participarán na Mesa Social Aberta. A PAH, as ANPAS (Pena do Equilibrio, Tea y FANPO), CIG, FestiVal das Brétemas ou o Círculo Feminista son algúns dos colectivos sociais, ademais de todos os partidos políticos con presenza en Ponteareas, a excepción de ACiP e PP, que non responderon á invitación para participar, ó igual que tampouco o fixeron Cruz Vermella, Cáritas ou os Servizos Sociais como principais entidades de axuda social.
O portavoz da Mesa Social Aberta explicou os obxectivos, idiosincrasia e funcionamento do que segundo Ponte Solidario, “esperamos sexa un órgano eficaz que axude a remar na dirección que moitos ponteareáns necesitan”, invitou ademais a outros colectivos e persoas a modo individual a participar neste equipo de traballo, “as asembleas serán abertas, transparentes e sempre mantendo o anonimato das familias axudadas, entre todos construiremos un pobo sen exclusión social”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119