O Porriño
Os alumnos do Colexio Santo Tomás reciben a visita do fillo de Xosé F. Filgueira
Este luns 18 de maio, no día seguinte á celebración das Letras Galegas, o colexio Santo Tomás tivo a inmensa sorte de contar coa presenza de Fernando Filgueira, fillo do ilustre homenaxeado de 2015, Xosé F. Filgueira Valverde, escritor e historiador pontevedrés, autor dunha extensa obra de carácter divulgativo, membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura. Escritor prolífico de estudos sobre a nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Comprometido na defensa e promoción da nosa cultura constitúe, un dos máis importantes persoeiros da segunda metade do século XX.
Ó longo de media hora Fernando Filgueira, médico de profesión, fixo un interesante e ameno percorrido didáctico sobre as actividades máis importantes do seu pai, as persoas que o influiron á hora de entrar tan novo no mundo da cultura galega, anécdotas familiares, curiosidades... Os alumnos coñeceron unha figura máis íntima e familiar de Filgueira Valverde, os seus antecedentes familiares e como e o porqué un rapaz de 18 anos se decide a ser cofundador do Seminario de Estudos Galegos ou con o 21 anos colabora na fundación do Museo de Pontevedra.
A continuación chegou o turno do coloquio onde os alumnos e alumnas chegaron ata a ducia de cuestións onde o doutor en medicina foi respondendo á súa curiosidade falando de Losada Diéguez, Castelao ou mesmo de Indiana Jones. Foi este un tempo xa máis relaxado, con momentos de humor e distensión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213