Galicia
Feijóo propón unha coalición aos votantes do PSOE que rexeitan que o seu partido entregue os gobernos a Podemos
Pide o voto para proxectos que son un punto de encontro para todos; para gobernos cos que se identifiquen todos e para alcaldes que só se deban aos veciños
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propón unha coalición aos votantes do PSOE que rexeitan que o seu partido entregue os gobernos a Podemos, prefiren seguir avanzando desde a unidade e queren que o seu partido faga autocrítica e recupere o criterio.
Neste senso, Feijóo lembrou tamén que esa coalición entre votantes do PP e os votantes do PSOE foi máis aló dos partidos ao longo da historia. Como destacou, esa coalición está na Transición, na Constitución, no Estatuto, constituíndo a guía de convivencia unida que quixo a maioría e que as minorías rexeitan.
Así o expresaba o líder dos populares galegos no mitin do PP de Nigrán, acompañado polo candidato á Alcaldía, Alberto Valverde, onde criticou a decisión do PSOE de pactar con calquera que non sexa o PP. Como sinalou, iso implicaría poder gobernar se os populares gañan pero lles falta algún voto para a maioría, como pasou en Lugo, ou entregar, se depende deles, os gobernos de Santiago, A Coruña ou Ferrol ás franquicias nacionalistas de Podemos.
Con respecto a isto, Feijóo lamentou que o PSOE xa non sexa o PSOE e se convertese simplemente nun grupo que vai deixarse facer por Podemos ou vai deixar facer a Podemos nos gobernos. Por iso, non lle sorprende que cada vez máis votantes se lle vaian directamente á formación de Pablo Iglesias.
Pero fronte a estes votantes socialistas que se decantan pola extrema esquerda, Feijóo tivo en conta tamén aos votantes socialistas que non votarán porque non queren entregar a súa papeleta a Podemos e aos que, cada vez menos, quedarán no PSOE, entregando os gobernos ao extremismo ou ao nacionalismo.
É precisamente a estes votantes do PSOE a quen se dirixiu o líder do PPdeG, para lembrarlles que poden decantarse polo centro e apostar polos proxectos dos populares e os gobernos para todos que propoñen.
PROXECTO COMO PUNTO DE ENCONTRO
Por outra banda, o líder dos populares galegos asegurou que o seu partido quere concellos que avancen da man da xente; modernizados e mellorados no eido das infraestruturas e das comunicacións; equipados, que melloren o día a día dos veciños; que resolvan problemas e non sexan unha carga inasumible de burocracia e impostos; que teñan como primeira prioridade ás persoas que máis precisan de axuda; e que contribúan a que se xeren máis oportunidades.
En definitiva, o PPdeG quere concellos gobernados con iniciativa e ilusión cada día dos catro anos e non gobernados catro anos como se dera igual estar aí gobernado catro que corenta.
Por iso, Feijóo pediu o voto para proxectos que son un punto de encontro para todos os veciños; para gobernos cos que se poidan sentir identificados todos, independentemente da súa ideoloxía; e para alcaldes que soamente se deban aos seus veciños.
Neste senso, destacou que mentres para algúns é máis valioso ter o apoio na sede doutro partido, para os populares, gobernen ou non, a honra é obter o apoio da rúa: ter o apoio da xente.
"CRECEMOS"
Feijóo lembrou que nestas eleccións hai moitas papeletas pero só dúas opcións de goberno: a división, a dispersión de forzas, o fraccionamento, a ausencia de liderado e proxecto ou unha maioría ampla coa que poder desenvolver un proxecto e que faga posible a gobernabilidade dos concellos.
Co cal, só hai unha opción coa que seguir construíndo a esperanza, alentar á xestión e encamiñar o futuro: que é a do PP. Pola contra, advertiu de que o resto das papeletas só serven para alimentar o ego e a arrogancia de quen ven a Galicia a insultar aos galegos.
Así mesmo, Feijóo lembrou que, co PP xestionando, houbo resultados, xa que se centrou só no que importa á xente e en arranxar os seus problemas e púxose a comunidade en disposición de crecer.
Segundo engadiu, agora crece a economía, a nosa capacidade de resolver problemas porque temos contas equilibradas e saneadas, as oportunidades porque está baixando o paro, o turismo, a nosa capacidade para exportar, as infraestruturas sanitarias públicas, as prazas públicas de gardería, a cifra de persoas atendidas na dependencia, as prazas residencia, os centros, o número de rapaces que aprende idiomas e ten ordenador nas escolas públicas. En suma, crece a nosa esperanza no futuro.
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou no mitin celebrado en Nigrán que dende a Xunta e dende o Partido Popular souberon estar á altura das necesidades do Concello e da súa comarca ao tempo que destacou o traballo realizado polo alcalde e candidato á reelección, Alberto Valverde, que soubo priorizar o que verdadeiramente importa para os veciños de Nigrán.
Deste xeito, Feijóo destacou o traballo dos populares traballando por unha mellor mobilidade coa posta en marcha do Plan de Transporte metropolitano ou coa bonificación da peaxe da autoestrada do Val Miñor, así como asegurou que o seu partido está traballando por unhas mellores infraestruturas como a execución dos ramais de enlace coa autoestrada Val Miñor ou a mellora da seguridade entre Vigo e A Ramallosa; ao igual que o fai por mellorar as infraestruturas hidráulicas, con melloras do saneamento que suman case cinco millóns de euros investidos. Tamén destacou a aportación dos populares en prol do benestar, coa construción do centro de día mancomunado con Baiona; a prol dun futuro con máis posibilidades económicas, para o que melloraron o porto; e a prol da sanidade pública co remate dos trámites para comezar as obras do novo centro de saúde de Panxón e co traslado para o novo Hospital Público de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213