O Porriño
Daniel Guzmán presenta mañá en Cans "A cambio de nada"
No día das longametraxes e dos clips, tamén se proxectará "A Esmorga," que será comentada ao vivo por Ignacio Vilar, Antonio Durán "Morris" e Miguel de Lira
O director do momento, tamén actor e guionista, Daniel Guzmán, aterra hoxe xoves 21 no XII Festival de Cans para presentar A cambio de nada, a súa ópera prima, coa que acaba de arrasar no Festival de Cine de Málaga (onde recibiu a Biznaga de Ouro á Mellor Película, premios á mellor dirección e actor e o Premio da Crítica). O filme proxectarase, introducida polo propio director, ás 20h no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, despois do tradicional paseo en chimpín do equipo técnico e artístico da película, amenizado por Arghallo de Goián.
A cambio de nada conta a historia de Darío, un adolescente que, fuxindo da súa situación familiar, descobre unha nova forma de ver a vida ao coñecer a Antonia, unha anciá que recolle mobles abandonados. Tal e como a define o autor “é unha viaxe de maduración, coñecemento e aceptación personal que nos permite reflexional sobre unha das etapas máis importantes da nosa vida”. A Daniel Guzmán coñecémolo sobre todo como actor de series de televisión como Aquí no hay quien viva. Sen embargo, tras numerosos traballos como intérprete, tamén no cine e no teatro, iniciou a súa carreira na escrita e dirección de películas coa curtametraxe “Inseguridad”. Máis tarde realizou o documental “Mar de Fondo” e gañou o Premio Goya á Mellor Curtametraxe de Ficción con “Sueños”. Agora estréase na longametraxe.
Antes, ás 17h, tamén Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, Ignacio Vilar, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira comentarán ao vivo A Esmorga, explicándolle ao público asistente que cambiarían da película se puidesen voltar atrás. O filme, que se proxecta con éxito nas salas do Estado, inaugura a nova sección do Festival Rebobinando (se puidese voltar atrás). O acceso á proxección, en ambos os dous casos, é de balde ata completar aforo.
Hendrik Röver na Noite de Clips
O histórico líder de Los Deltonos, Hendrik Röver, chega a Cans acompañado de Juanjo Zamorano, de Pilgrim Rose, para deleitar o público cun destilado de folk, rock e country da máis pura ascendencia anglosaxona. Un esperado concerto que dará paso á Noite GIA, o concurso de videoclips presentado por Tati Moyano no Pub Chimenea. Pechará a noite unha sesión musical con Juan Rivas, que partindo da onda do lounge ou dos ritmos electrónicos, conducirá o público a unha viaxe polo último do territorio indie.
Can Parade
Antes do concerto de Hendrik Röver, na rúa San Sebastián do Porriño (a carón do Pub Chimenea) inaugurarase a Can Parade, unha mostra das intervencións sobre a silueta do Cans de Cans ideadas por dez creadores e creadoras de distintas disciplinas: Vanesa Álvarez, Alba Manzanedo, Croccanti Estudio, Iria González, Beatriz García, Nuria Pazos, Roi Domínguez, Juan Molina, Bea Bendanha e Julia de la Cal. Con esta iniciativa a Asociación Cultural Arela, organizadora do festival, busca dar a coñecer o traballo de artistas e colectivos artísticos emerxentes, ao mesmo tempo que se pon en valor o uso de espazos urbanos que a priori pasan desapercibidos. A peza que acade o respaldo do público recibirá un trofeo realizado polo artesán local Paco Candán.
Cans de Futuro
A xornada comeza no Festival de Cans ás 10 da mañá con “Cans de Futuro”. Varios grupos escolares de colexios da comarca e arredores pasarán pola aldea para coñecer como se organiza un festival de cine tan singular e descubrir o audiovisual galego. Serán máis de 700 escolares que durante tres días verán dúas das curtas gañadoras da edición de 2014 (Tupper e Ser e voltar), con subtítulos para persoas xordas, seguidas de coloquios con actores e directores como Roque Cameselle, Xosé Antonio Touriñan ou Federico Pérez.
PROGRAMA DO XOVES 21
Baixo de Bugarín (Cans)
10h00 Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións das curtas gañadoras de Cans 2014, con subtítulos para persoas xordas, e coloquios con directores e actores
Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)
17h00 Nova sección! Rebobinando (se puidese voltar atrás). Proxección de A Esmorga comentada ao vivo por Ignacio Vilar, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira
19h30 Procesión de chimpíns desde o Parque Infantil ata o CRC cos equipos técnico e artístico de A cambio de nada. Amenizado por Arghallo de Goián
20h00 Estrea filme A cambio de nada, de Daniel Guzmán
Rúa San Sebastián, a carón do Pub Chimenea (O Porriño)
21h30 Apertura Can Parade, cos cans finalistas do concurso
22h00 Actuación de Hendrik Röver
23h00 Noite GIA, co concurso de videoclips presentado por Tati Moyano
00h30 Sesión musical con Juan Rivas.
PROGRAMA DO VENRES 22
Baixo de Bugarín (Cans)
10h00 Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións das curtas gañadoras de Cans 2014, con subtítulos para persoas xordas, e coloquios con directores e actores.
Baixo de Moncho (Cans)
10h00 Encontro aberto de CREA. Con Daniel Guzmán e Javier Gutiérrez.
12h00 A que andas? Con Juan Galiñanes, Xabier Bermúdez, Miguel Barros, Xacio Baño, Alfonso Zarauza e Daniel Froiz.
16h30 Fill@s de Cans. Con Pablo Romero-Fresco, Simón Casal, Dani de la Torre, Alberto Vázquez e Cristóbal Arteaga.
17h30 Historia dun filme que naceu en Cans. Petisco en exclusiva e primeiras imaxes do filme Rey Gitano, de Juanma Bajo Ulloa. Coa presenza de Manuel Manquiña, protagonista do filme e actuación de Tony Lomba, autor da banda sonora do filme.
Baixo de Bugarín (Cans)
18h30 Estrea do documental Torre de Breoghán, coa presenza do director Jorge Coira, da produtora Chelo Loureiro e dos membros de Luar na Lubre.
20h30 Nova sección! Concertos na placa. Luar na Lubre (versión reducida) na placa de Bugarín. Entrada: 3 euros (filme e concerto), á venda unha hora antes.*
Cans Voulevar (Cans)
21h00 Inauguración da Exposición Viñetas de Cans: Xaquín Marín
Baixo de Moncho (Cans)
21h30 Procesión de chimpíns desde o Baixo do Moncho ata o Torreiro. Amenizada por Treboada Baixo Miño.
Torreiro de Cans
22h00 Noite de Estrea
Presentada por Keka Losada e Ricardo de Barreiro.
Presentación dos xurados e convidados do festival.
Entrega do premio á mellor obra da Can Parade.
Entrega dos premios a mellor videoclip
Proxección de Soa Cans!, o making of de Cans 2014, de Roi Guitián e María Lobo
Presentación do trailer do documental Divina Filmekeira, en proceso de produción. Coa presenza de Juan Lesta e Belén Montero, directores do documental, e de Divina Campos, protagonista.
Entrega dos Chimpíns de Prata, Premio Pepe Puime, a Alfonso Zarauza e Juan Maceira.
Entrega do Premio de Honra Pedigree’2015 a Javier Gutiérrez e colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas.
00h30 Concerto de Sidonie. No Torreiro de Cans
02h00 Sesión DiscoChimpín con Ángel Carmona (Radio 3)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101