Provincia
A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés de Meaño
No que vai de ano, os axentes da Policía Autonómica xa levan imputadas 15 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Pontevedra veñen de informar da imputación do presunto autor dun delito de incendio forestal no concello pontevedrés de Meaño.
O pasado 18 de maio, axentes da Policía Autonómica procederon á imputación dun veciño, como presunto autor dun delito de incendio forestal na parroquia de Simes, no concello de Meaño, e que afectou a unha superficie de 7.300 metros cadrados de superficie arborada e raso. Destácase a colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais, e na extinción do mesmo foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Cambados. Na campaña deste ano, a Policia Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 15 persoas por delitos de incendios forestais

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22