Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 24 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Cultura

Curricán a mellor curtametraxe en Cans

[Img #18840]O xurado da duodécima edición do Festival de Cans, formado por Sandra Sánchez, Antonio Mourelos, Avelino González, Nerea Barros, Mercedes Peón, Enrique Otero e Fran P. Lorenzo, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e da deliberación, outorgar os seguintes premios:

 

Premio do xurado á mellor curtametraxe, cunha dotación de 2.000 € e Can de Pedra, para Curricán, de Álvaro Gago por facer confluír nun mesmo espazo e tempo narrativo un retrato íntimo e tamén colectivo a través dun achegamento poético.

 

Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para Disney de Jorge Saavedra, por ser unha historia real e ironicamente divertida e tamén pola naturalidade da interpretación dos protagonistas da curtametraxe.

 

Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado cun Can de Pedra, para Marta Larralde por Disney, por achegar naturalidade e frescura á interpretación dunha situación cotiá.

 

Premio do xurado á mellor interpretación masculina, dotado cun Can de Pedra, para Fernando González por Disney, por conseguir unha interpretación axustada e equilibrada dun personaxe aparentemente simple.

 

 Premio CREA do xurado á mellor dirección, dotado con 300 € e Can de Pedra, para Carlos Martínez-Peñalver por Nocturna, pola súa capacidade de crear unha atmosfera con poucos elementos e por achegar unha mirada propia.

 

Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 300 € e Can de Pedra, para The Fetch, de Ángeles Huerta, pola súa autenticidade e por apostar sen complexos por un humor absurdo.

 

Premio do xurado á mellor banda sonora, dotado cun Can de Pedra, para Unary de Nico Casal pola súa solidez e a súa intencionalidade narrativa.

 

O xurado do XII Festival de Cans quixo facer unha mención especial a M is for Melon de Luis Solarat pola súa visión transgresora da sexualidade falocéntrica contemporánea. Asimesmo, o xurado tamén quixo facer mención especial a Ula de Alejandra Sotelo pola capacidade de facer unha peza artística dende unha mirada sorprendente.

 

O premio do público, cunha dotación de 2.000 € e Can de Pedra, foi para Deber, de Ángel Manzano.

 

 

Concurso de clips

O xurado de videoclips, formado por Hendrik Röver, Ángel Sánchez, Tati Moyano e Juan Rivas, decidiu conceder o premio ao mellor videoclip, dotado con 300 euros e Can de Pedra, ao tema Magma y Trueno, de Guerrera, dirixido por Adrián González e Rafael Pérez, por conseguir un equilibrio perfecto entre a proposta estética e a música e por crear un ambiente cativador ao mesmo tempo que transmite a inquietante espesura da música a través dunha proposta moi arriscada pero efectiva.

 

O premio do público ao mellor videoclip, dotado con 300 euros e Can de Pedra, recaeu en Floating, de Mequetrefe, dirixido por Xaime Miranda Méndez.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.