Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 29 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Fomento executará o acondicionamento de varias dependencias do conxunto catedralicio de Tui

[Img #18906]O Ministerio de Fomento ten previsto executar as obras para o acondicionamento de varias dependencias do conxunto catedralicio de Tui, proxecto que desenvolveu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

A intervención que levará a cabo a Consellería de Cultura consiste no acondicionamento de varias estancias do Pazo Episcopal do Conxunto Catedralicio de Tui, para que poidan ser destinadas a usos culturais. A proposta contempla a realización de salas de exposicións para acoller e expor diferentes obras que están gardadas na Catedral. Esta proposta deriva do Punto 05 dentro do Plan Director do Conxunto Catedralicio de Tui referente ao museo e a percorridos museísticos.

 

O proxecto aposta pola intervención en todas as plantas do Pazo Episcopal, quedando excluída a zona da segunda planta dedicada á vivenda episcopal. Tamén se actuará sobre a cubertas e mailas fachadas do Pazo.

 

Entre as melloras que se levarán a cabo atópase aumentar a accesibilidade aos espazos expositivos coa instalación dun ascensor. Na primeira planta disporase dunha pequena biblioteca e sala de consulta, amais dun pequeno espazo para a sala do Tesoro. Na entreplanta primeira e segunda desenvolveranse os espazos expositivos multifuncionais e na sala capitular románica proponse mellorar a lectura cun contraforte, mediante a apertura dun oco entre ámbolos espazos.

 

Nos exteriores, tense previsto restaurar a cuberta do edificio, sanear as xuntas de fábrica substituíndoas por morteiros de cal, reparación das reixas de forxa; pavimentación de gres nos aseos da planta baixa e nas plantas primeira e segunda levantarase o pavimento existente e colocarase un novo de linóleo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.