Saúde
As farmacias galegas dispensarán a vacina contra o meningococo B
Avanza que os servizos do Ministerio de Sanidade iniciarán agora o proceso para contactar cos laboratorios e que a vacina contra o meningococo B poida estar dispoñible nas farmacias de toda España “en poucos meses”; unha decisión que agradeceu e cualificou de “axeitada”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou hoxe que o Goberno central vaia autorizar a venda nas farmacias españolas da vacina contra o meningococo B, tal e como Galicia viña demandando. Así o adiantou na rolda de prensa do Consello, logo de manter onte unha conversa co ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, na que lle comunicou esta decisión.
O mandatario galego precisou que o pasado luns tivo a oportunidade de abordar esta cuestión nunha xuntanza que mantivo co titular de Sanidade, onde defendeu a postura que Galicia viña mantendo desde hai semanas cando, dixo, “nos pronunciamos dunha forma moi clara”.
Segundo concretou, tal e como lle comunicou o ministro Alfonso Alonso na conversa que ambos os dous mantiveron onte, os servizos do Ministerio de Sanidade iniciarán agora o proceso para contactar cos laboratorios e que a vacina contra o meningococo B poida estar dispoñible nas farmacias de toda España “en poucos meses”. Unha decisión que agradeceu e cualificou de “axeitada”.
“Este procedemento está en marcha, e eu espero que os pais que teñen unha receita dun pediatra poidan retirar esa vacina no momento en que chegue a todas as farmacias españolas”, aseverou, rematando así, coa situación actual, que “estaba provocando unha serie de tensións e desacougos nas familias galegas dunha importancia non menor”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217