Tomiño
A Xunta transfírelle a Tomiño a titularidade de dúas parcelas próximas á estrada PO-553
Trátase de dous terreos que suman máis de 11.000 m2 e que foron expropiados para a construción da Ponte Internacional en Goián-Vilanova da Cerveira
O Consello da Xunta de Galicia autorizou o pasado 28 de maio o cambio de titularidade de dúas parcelas lindeiras coa estrada PO-533 (Goián- Ponte Goián (fronteira de Portugal)) na parroquia de Goián, a prol do Concello de Tomiño. Trátase de dúas parcelas, que suman unha superficie de 11.305 m2 e foron expropiadas para a construción da ponte internacional en Goián (Tomiño)-Vilanova da Cerveira (Portugal).
Con este acordo dáselle resposta á solicitude trasladada polo Concello de Tomiño, que lle pedía á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade de dúas parcelas situadas nas inmediacións do río Miño, na zona de dominio público da estrada PO-553 (Goián–Ponte Goián), co obxecto de realizar nelas unha rexeneración ambiental e paisaxística para que sexan utilizadas como espazo de lecer e destinar os ditos bens a fins de interese social.
A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, así como de elementos funcionais e espazos da zona de dominio público adxacente, como é o caso destas parcelas, deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en estradas.
A entrega deste treito de estrada deberá formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no DOG, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Corresponderanlle ao Concello de Tomiño, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213