Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 05 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O “Gran Hermano” do Corpus en directo a través da Internet

[Img #18990]A Festa do Corpus Christi de Ponteareas poderá ser seguida en tempo real dende calquera parte do mundo a través da Internet, grazas á instalación de catro cámaras ás que será posible acceder dende a portada da web do Concello de Ponteareas.

 

Esta medida permitirá que todos os internautas que o desexen, independentemente do lugar do mundo no que se atopen, poidan seguir en directo a confección dos tapices mediante ordenadores, teléfonos ou tabletas. As cámaras estarán instaladas en lugares que permitan unha visión integral das alfombras confeccionadas na Praza de Bugallal, na Rúa de Oriente, na Praza Maior e na Avda. da Constitución.

 

Trátase dunha iniciativa que ten moi boa acollida dende hai varios anos, congregando a centos de usuarios de diversas partes do planeta que visualizan, en vivo, a evolución dalgunhas das alfombras máis espectaculares do Corpus. As cámaras estarán operativas o sábado e o domingo, para poder observar todo o proceso de confección dende o seu inicio ata o remate final co paso da procesión.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.