ENTREVISTA A SARA CEBREIRO, CONCELLEIRA DE CULTURA DE MOS FESTAS DA ROSA 2015
“Os nenos son o noso futuro, por iso os temos moi presentes na Festa da Rosa”
A edil de Cultura mosense, Sara Cebreiro, desvélanos nesta entrevista os pratos fortes do programa festivo da presente edición da Festa da Rosa, entre os que se atopan unha festa infantil no parque de Sanguiñeda, o Pregón a cargo dos SILANDEIROS e os concursos de ramos de rosas e empanada de pan de millo
![[Img #19008]](upload/img/periodico/img_19008.jpg)
Faltan poucos días para a celebración da Festa da Rosa e, a primeira cuestión a abordar sobre esta coa concelleira de Cultura en funcións debe ser a data, xa que este ano os actos oficiais realizaranse o 14 de xuño, non é así Dona Sara Cebreiro?
Así é, este ano tivemos que tomar a decisión de organizar os actos centrais da Festa da Rosa o domingo 14, debido a que o sábado 13 terá lugar a celebración do Pleno de Investidura da nova Corporación. Pensamos que sendo domingo os veciños participarán e desfrutarán da festa igualmente.
Que nos pode adiantar sobre quen lerá o pregón nesta ocasión e o porqué da súa elección?
A verdade é que estou moi ilusionada cos pregoeiros elixidos para esta ocasión, xa que estou convencida de que nos van sorprender.
Eles son OS SILANDEIROS da Escola de Música de Torroso, un grupo que representa moi ben a Mos, xa que está formado por homes e mulleres de todas as parroquias. Pensei neles xa que os admiro tremendamente, porque sendo xa adultos tiveron a valentía de facer realidade o seu soño de nenos: aprender música, desfrutar tocando un instrumento e facer desfrutar ao público. Baixo a dirección de Rubén García forman un grupo fantástico.
Sempre pensan nos cativos como parte importante do público que participa na programación da Festa da Rosa, téñenlles organizada aos máis pequenos do municipio algunha actividade especial para esta edición do 2015?
Por suposto que os nosos nenos/as teñen que estar presentes, non só na programación da Festa da Rosa, procuramos que sexa sempre; no Nadal, no Entroido, no Día do Libro, nas Letras Galegas, ata no Día da Muller foron os verdadeiros protagonistas deste ano co concurso de relatos que puxemos en marcha dende a Concellaría de Benestar Social co título “Dende nenos abrazando o futuro da muller”. Hai que telos en conta porque eles son o noso futuro.
Por iso para que o pasen en grande ímoslles dedicar a tarde do sábado 13 cunha gran festa infantil no parque de Sanguiñeda, onde poderán desfrutar de inchables, obradoiros, música e, como punto final, a Festa da Escuma que tanto lles fascina.
O ano pasado recuperouse a exaltación da empanada de pan de millo e organizouse novamente o concurso de elaboración desta, daráselle continuidade este ano?
Si, o ano pasado a súa recuperación foi todo un éxito, enmarcala dentro da programación do propio Día da Rosa e no contorno da Casa Consistorial gustou moito a toda a veciñanza, por iso coa axuda de Mulleres Rurais queremos seguir apostando por esta tradición tan arraigada á nosa cociña.
Falando de concursos, ademais do concurso de empanadas non podemos esquecer o emblemático concurso de ramos de rosas, como se enfocará este ano?
O Concurso de Rosas é o noso emblema, sen el a festa non tería sentido. É a actividade central na que cada ano poñemos máis esmero, queremos seguir a mimar e a coidar ese símbolo que representa a Mos tanto na súa bandeira como no seu escudo e do que os mosenses nos sentimos tan orgullosos.
Inclúe o programa de actos da presente edición algún evento deportivo?
Durante a fin de semana do 20 e 21 celebraremos no Campo das Baloutas a VII Edición do Trofeo de Fútbol Memorial “Juan Estévez, Nené” onde colaboran todos os clubs de fútbol de Mos, ademais de equipos convidados e participantes de todas as idades.
O día 21 ás 17:00 horas xogarase un partido moi importante, a Final de Vellas Glorias, e digo importante porque ten un fin solidario, xa que todo o recadado irá destinado á compra de alimentos para as familias usuarias do Club Leones de Mos.
Esta edición da Festa da Rosa formúlase como o inicio dun novo período de goberno a catro anos vista, vivirá vostede por este motivo a celebración dun xeito diferente?
Tanto a previa preparación da festa como cada unha das actividades, sempre as vivo con moita intensidade, poñendo todo o cariño e mimo en cada detalle e sobre todo coa ilusión do primeiro día; pero este ano se cabe aínda máis, xa que os mosenses volveron confiar en nós, e ser a concelleira de Cultura dun municipio de tan gran tecido asociativo e cultural é un verdadeiro orgullo. Estoulles tremendamente agradecida.
Que ten de especial a nivel persoal para vostede a Festa da Rosa deste ano?
Este ano e coas eleccións celebradas fai nada é una forma de coller impulso e seguir nesta liña, traballando con seriedade, con responsabilidade e coa ilusión de poñer en marcha una morea de ideas e proxectos sempre da man das asociacións. Estou moi contenta de volver formar parte do goberno e espero desfrutar xunto coa miña familia, cos compañeiros de Corporación e cos veciños destas festas.
Para rematar, como animaría aos seus veciños a participar activamente na actual edición da Festa da Rosa?
Teñen que visitarnos porque é una festa con moito encanto. Non vai faltar a boa música a cargo da Banda de Gaitas Ledicia e OS SILANDEIROS, e tampouco vai faltar a boa comida grazas á exaltación da empanada de pan de millo. Non faltará a intriga da man do concurso de ramos de rosas e, por suposto, tampouco faltará o bo ambiente creado polos mosenses e as mosenses asistentes aos actos. Así que, que máis se pode pedir?

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22