Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 09 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O BNG do Porriño rexeita participar nun goberno cos escindidos do PP

Os nacionalistas contemplan "un pacto de goberno con PSdG e EUson baseado nunha nova estrutura de goberno en nun programa de esquerdas, con políticas sociais reais no que se recupere a xestión pública dos servizos e a participación cidadá".

[Img #19087]A Asemblea local do Bloque Nacionalista Galego do Porriño avaliou as distintas alternativas, despois de escoitar os plantexamentos do demais grupos políticos da futura corporación municipal, para "conformar un goberno alternativo ao do PP". Un goberno que "consideramos ten que ser  claramente de esquerdas e baseado en principios de transparencia, igualdade, participación social e que dignifique os servizos".

 

Neste goberno alternativo ao PP aseguran que "non ten cabida a organización política UDDL conformada por escindidos do PP si se quere contar, no mesmo, coa participación do BNG do Porriño. O BNG non participará nun goberno coas persoas que avalaron, durante cinco anos e medio, as políticas caciquís, escurantistas, de imposición e de recortes sociais. Non é suficiente un lavado de cara a mes e medio das eleccións. O BNG non defende o revanchismo en política por tanto non participará con quen o practica".

 

"Trasladaremos ao PSdG e a EUson da localidade do Porriño a nosa disposición a traballar nas liñas programáticas, a desenvolver nesta nova lexislatura, e levalas adiante conxuntamente. Está na decisión do PSdG que esta opción de goberno frutifique ou que opte por un goberno coa dereita escindida do Partido Popular".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.