Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 10 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos presenta a programación das Festas da Rosa

Os actos centrais trasládanse este ano ó domingo 14 de xuño ó celebrarse o sábado o Pleno de Constitución da nova Corporación Municipal mosense

[Img #19091]

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, presentaron hoxe o cartel oficial e o programa de actos culturais de deportivos que o Concello organiza con motivo das Festas da Rosa 2015.

 

Na presente edición da Festa da Rosa destaca o cambio de día dos actos centrais, que tódolos anos se celebran o 13 de xuño, pero que nesta ocasión trasládase ó domingo día 14. A este respecto as representantes municipais declararon que “este ano tivemos que tomar a decisión de organizar os actos centrais da Festa da Rosa o domingo 14, debido a que o sábado 13 terá lugar a celebración do Pleno de Investidura da nova Corporación.  Pensamos que sendo domingo os veciños participarán e desfrutarán da festa igualmente”, explicaron Arévalo e Cebreiro.

 

Rexedora local e edil de Cultura pormenorizaron ademais todos los detalles da programación festiva deste ano, que comezará o sábado 13 de xuño coa Festa Infantil Diverte Mos. Levarase a cabo no parque de Sanguiñeda en horario de 17.00 horas a 20.30 horas e contará coa traca final da Festa da Escuma. A entrada será libre e de balde para tódolos cativos e as súas familias.

 

Como xa se dixo, o domingo 14 de xuño celebrarase o Día Grande da Rosa cos actos oficiais matinais e actividades tamén pola tarde. Pola mañá na Praza do Concello a partir das 09.00 horas e ata as 11.00 horas estará aberto o horario de presentación de exemplares nos Concursos de Ramos de Rosas e Empanada de Pan de Millo, ás 11.00 horas celebrarase a tradicional Misa Solemne, nesta ocasión cantada pola Coral Ventos do Val, seguida, ás 12.00 horas, da actuación da Banda de Gaitas Ledicia. Ás 12.30 horas procederase á lectura do Pregón a cargo do grupo Os Silandeiros, da Escola de Música de Torroso; para despois, ás 13.00 horas, finalizar co fallo dos Concursos de Rosas e Empanadas de Pan de Millo, seguidos do fin de festa coa Exaltación da Empanada de Pan de Millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña.

 

Todo o mundo poderá probar a empanada con racións a prezos populares, xa que a ración de empanada máis viño custará 3 euros

 

Continuando coas actividades programadas para a tarde do domingo 14 de xuño, dicir que ás 18.00 horas dará comezo no auditorio do Centro Dotacional de Torroso o XVII Certame de Bandas de Música Concello de Mos, no que participarán a Banda Escola de Música de Beade e a Banda de Música Xuvenil de Torroso. E ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas empezará un espectáculo de teatro infantil de Luces e Sombras.

 

Xa a seguinte fin de semana, o sábado 20 de xuño celebrarase a VIII Xuntanza de Palilleiras de Mos en Costoias, Tameiga, a partir das 11.00 horas, contando coa participación da Mostra de Encaixe de Camariñas e a actuación do grupo Novos Aires da Terra, de Santiago.

O domingo 21 de xuño Fulano, Mengano e Citano traerán a Mos o seu espectáculo ‘O que hai que ver’, dirixido a público adulto e que representarán no Multiusos das Pozas a partir das 20.00 horas. A entrada será de balde.

 

Por último, ó longo de toda a fin de semana, tanto sábado 20 coma domingo 21 de xuño, disputarase o VII Trofeo de Fútbol Memorial Juan Estévez ‘Nené’. O horario do sábado será de 10.00 horas a 13.00 horas e de 16.00 horas a 22.00 horas no Campo de Fútbol das Baloutas. E o domingo, tamén no Campo de Fútbol das Balotas, de 16.00 horas a 22.00 horas, xogándose ás 17.00 horas o partido solidario Final Vellas Glorias en beneficio do Club de Leones de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.