Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 14 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Portos de Galicia investirá máis de 348.000 euros nun pantalán en Moaña

[Img #19124]O presidente do ente público Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou este venres o peirao do Con, no porto de Moaña, para supervisar o comezo inminente das obras de colocación dun pantalán para a flota mexilloeira e pesqueira ao que se accede a través da estrutura existente e unha pasarela/rampla. O investimento é de 348.536 euros. Está previsto que nos vindeiros días se inicie a dragaxe da zona, onde se emprazará o pantalán.

 

As obras derívanse da necesidade de aumentar a capacidade de atraque en zona abrigada, coa colocación dun pantalán de 60 metros, aproveitando a propia dársena. Esta actuación suporá a creación de 30 novas prazas, das cales 14 serán para bateeiros e o resto para embarcacións menores. Estas obras tamén inclúen unha dragaxe duns 1.300 metros cúbicos de material que garanta un calado de dous metros para adecualo ás condicións das embarcacións.

 

A estrutura estará construída en formigón. Cada módulo, dos tres que levará, serán de 3 metros de ancho e 20 metros de lonxitude. Tamén se modifica o pantalán mexilloneiro, sendo necesaria a retirada dun pilote e un módulo de 12 metros para posteriormente colocalos nunha posición oblicua á orixinal que se amplía cun novo módulo de dez metros. A pasarela/rampla de acceso terá dous metros de ancho. As obras inclúen tamén brazos de amarre que mellorarán a seguridade e a comodidade dos usuarios de embarcacións menores pesqueiras.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.