Galicia
O Banco de España confirma que Galicia segue sendo a comunidade de referencia no control da débeda
A Xunta reduciu o seu endebedamento no primeiro trimestre en 55 millóns de euros
A Xunta de Galicia reduciu a súa débeda no primeiro trimestre do ano en 55 millóns de euros, e o endebedamento público da Comunidade galega xa é 4,5 puntos inferior á media das comunidades autónomas, segundo os últimos datos publicados hoxe polo Banco de España, que ratifican que Galicia segue sendo a comunidade de referencia no control da débeda pública.
Así, a ratio de débeda/PIB de Galicia reduciuse no primeiro trimestre do ano en dúas décimas, ata o 18,0%, mentres que no total das comunidades autónomas aumentou unha décima, ata o 22,5%. En consecuencia, Galicia mantén un diferencial positivo de 4,5 puntos respecto ao conxunto do Estado, un indicador que está mellorando ano a ano dende 2009 e que hai un ano era de 2,7 puntos.
Os datos do Banco de España confirman que Galicia é a autonomía que mellor controla a súa débeda pública. De feito, é a comunidade que menos incrementou o seu endebedamento dende 2008, cun crecemento acumulado 76 puntos menor que a media autonómica. En contraste, Galicia era en 2008 a cuarta autonomía con maior ratio de débeda/PIB de toda España.
Ademais, a Comunidade galega foi tamén a comunidade de réxime común onde menos creceu a débeda durante o ano 2014.
Empresas públicas
Tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas- o diferencial positivo é aínda maior, de 4,9 puntos. Segundo os datos do Banco de España, a ratio de débeda/PIB das empresas públicas en Galicia é do 0,1%, moi inferior ao conxunto de comunidades (0,5%).
De feito, o endebedamento das empresas públicas da Administración galega reduciuse no último ano á metade, pasando dunha ratio débeda/PIB do 0,2% ao 0,1%. Compróbase así que Galicia segue apostando pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas, cunha redución acumulada do 75% dende 2009.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123