Galicia
O DOG publicou esta semana a orde para a formación de 1.000 desempregados de longa duración con cargas familiares
Esta orde, que se convoca por primeira vez, está dotada con 2,3 millóns de euros e permitirá a posta en marcha de 67 accións formativas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba esta sem,ana a convocatoria de accións formativas destinada a desempregados de longa duración con cargas familiares. Esta orde, que se convoca por primeira vez, conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros, o que permitirá a posta en marcha de 67 accións formativas. Está previsto que o número de beneficiarios ascenda a unhas 1.000 persoas.
Os cursos centraranse en catro ámbitos: aprendizaxe de idiomas; competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC; obtención de competencias clave; ou adquisición de certificados de profesionalidade. En definitiva, están deseñados para que as persoas sen cualificación adquiran as competencias mínimas para mellorar a súa empregabilidade, e para que os que teñan unha certa cualificación consigan unha formación máis axustada ás necesidades do tecido produtivo.
Trátase dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. Poderán optar ás axudas todas aquelas entidades de formación e centros inscritos e acreditados na Consellería de Traballo, nas especialidades formativas as que fai referencia e que estean inscritas ou acreditadas na data da publicación da orde. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar dende o 9 de xuño.
Esta é unha das medidas incluídas no “Plan de Activación para o Emprego” para 2015 e 2016, que se acordou en xaneiro con patronal e sindicatos. Esta folla de ruta conta cun total de 10 millóns de euros e seis actuacións, que abarcan medidas centradas na orientación, formación recualificación ou recoñecemento da experiencia laboral. Isto combínase cunha medida de protección, a través dunha axuda económica que lles acompaña durante a súa duración, e permite un mellor aproveitamento das medidas de activación.
Ademais, cabe destacar que esta non é a única iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar en materia de formación, que conta tamén coa convocatoria de formación para desempregados, ou a formación dual, entre outras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115