Mos
Mercar en Mos foi premiado hoxe con rosas
A empresa AKÍ agasalla coa flor mosense por excelencia ós veciños do Concello que fagan calquera adquisición na tenda de Amieirolongo durante estes días
![[Img #19130]](upload/img/periodico/img_19130.jpg)
Esta mañá realizouse a presentación da campaña que a tenda AKÍ de Mos inicia con motivo das Festas da Rosa. O acto de presentación celebrouse ás 11.00 horas na propia tenda situada en Amieirolongo, Estrada Nacional 550 Porriño-Redondela; e nel estiveron presentes Sara Cebreiro, concelleira de Cultura de Mos, e Kely Monzón, concelleira de Participación Cidadá, ademais do traballador de AKÍ veciño de Mos que colaborou, xunto co director da tenda, en idear e deseñar esta iniciativa fai xa tres anos.
A campaña presentada consiste en que, a partir de hoxe e ata fin de existencias, os clientes mosenses de AKÍ Mos reciben unha rosa como agasallo por calquera compra realizada. Esta iniciativa surxiu ante o interese da empresa AKÍ por involucrarse nos costumes locais e, neste caso en concreto, por apoiar a Festa da Rosa, unha das tradicións locais de maior relevancia. O AKÍ de Mos permanecerá pechado ó público o luns 15 de xuño, festivo local, demostrando así de novo o seu respecto polos costumes municipais.
A tenda AKÍ de Mos inaugurouse en decembro de 2012 contando cun investimento na construción das súas instalacións que alcanzou os 4.200.000 euros. O establecemento conta cunha superficie de vendas de 2.940 m², así como con 128 prazas de estacionamento gratuítas para lles facilitar o acceso aos clientes.
Tras o estudo dos 7.994 currículos recibidos no proceso de selección de traballadores para a súa tenda de Mos, AKÍ proporcionoulles emprego, entre postos directos e indirectos, a 44 traballadores, dos cales 29 compoñen o equipo fixo da tenda. Deles, o 86% asinou un contrato indefinido.
O establecemento de Mos, número 36 da compañía, primeiro na provincia de Pontevedra e cuarto na comunidade galega, conta entre o seu equipo de profesionais cun traballador con minusvalía, por cuia integración no mundo laboral aposta a empresa. As instalacións —coma as do resto dos establecementos da compañía— están adaptadas para facilitar o acceso e a compra dos clientes con discapacidade.
Os 15.000 artigos que ofrece AKÍ Mos repártense en 13 departamentos, coñecidos como “Mundos AKÍ”. Estas áreas contan cun estudado deseño que ofrece maior sensación de espazo e amplitude para adquirir os produtos coa máxima rapidez e comodidade.
Ademais, o centro conta coa opción de venda especial por catálogo dixital. Asesorado por un profesional do establecemento por medio dun dispositivo instalado na sala comercial, o cliente poderá escoller entre unha ampla variedade de produtos, visualizando imaxes do artigo, a súa descrición, opcións cromáticas e prezos. Outros servizos, tales como a instalación a domicilio de diversos produtos adquiridos no centro —aires acondicionados, baños e grellas asadoiras— ou a copia de chaves e mandos, entre outros, completan a oferta de AKÍ Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22