Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 14 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
O PARTIDO SOCIALISTA DE SALCEDA NON APOIA A INVESTIDURA DE MARCOS BESADA E TAMPOUCO PACTAN CO PARTIDO POPULAR

Verónica Tourón “Un político ten que ser exemplo de honestidade por encima de todo, e cumprir co dito en campaña”

[Img #19138]O partido socialista dirixiuse no pasado pleno de investidura ós veciños e veciñas de Salceda de Caselas para dicir que “ocupará o lugar que lle corresponde na oposición, lugar que os votantes o pasado día 24 decidiron que debía ocupar”.

 

A Agrupación Socialista de Salceda de Caselas encabezada por Verónica Tourón aclarou no pleno que “en ningún caso” pretendía ser investida como alcaldesa polo Partido Popular. Os dous concelleiros electos, a candidata e Rodrigo Martínez, “presentaron a candidatura e se votaron a si mesmos, unha vez que tiveron claro que o Partido Popular non iba a votar ó seu favor. Mantendo así a súa palabra na campaña, a pesar das presións sufridas estas últimas semanas ante os rumores de que o PP facilitaría a súa investidura como alcaldesa”.

 

De este xeito Verónica Tourón aclarou que “independentemente de todo o que sucedeu ou se dixo dende o día das eleccións, o PSOE vai a cumprir co prometido en campaña: dixemos que non íamos a apoiar outra alcaldía de Marcos Besada, aseguramos que non íamos pactar de ningún xeito co Partido Popular e dixemos tamén que presentaríamos a nosa candidatura e que nos votaríamos a nos mesmos. E hoxe cumprimos con todo isto, porque un político ten que ser exemplo de honestidade por encima de todo”.

 

Por outra banda tamén deixou claro, xa antes da votación, que respectarían a decisión dos veciños nas urnas e que entendía que con só dous concelleiros deberían pasar a formar parte da oposición. Unha oposición que como ela mesma explicaba non se reducirá a opoñerse ó que non consideren xusto ou necesario, senón tamén a utilizar a condición de oposición para seguir defendendo os intereses dos veciños e para seguir loitando contra as desigualdades “, porque esa é a nosa vocación xa sexa no goberno ou na oposición”.

 

A Agrupación Socialista de Salceda apoia plenamente o acontecido no pleno de investidura, alegando que “un partido se presenta para gañar as eleccións e que non tería sentido concorrer a unhas eleccións e non presentar a súa candidatura no pleno de investidura ó non apoiar a ninguén, xa que entende que os seus votantes emitiron o voto para iso e non para non ter posición e absterse”.

 

Verónica Tourón, aclara que “tíñamos claro que actuaríamos dun xeito responsable tal como vimos dicindo dende o día das eleccións”. Marcos Besada gañou as eleccións e o PSOE non ía apoiar a súa investidura como dixemos na campaña, pero seguiremos actuando con seriedade e dende a oposición terá o noso apoio en todo o que sexa bo para Salceda”.

 

Por último, tanto a candidata como os restantes membros da agrupación, déronlle  a noraboa a Marcos Besada e ós seus concelleiros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.