Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 14 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos honrou un ano máis á súa flor, a rosa, cunha celebración que foi declarada de Interese Turístico de Galicia en 2014

María Rivera Sío, veciña de Petelos, gañou o primeiro premio do concurso de rosas

[Img #19141]Esta mañá celebráronse os actos centrais das Festas da Rosa na Praza do Concello de Mos.

 

A partir das  9:00 horas  e ata ás 11:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Así mesmo, ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada pola coral da parroquia de Petelos, Ventos do Val, que estivo seguida da actuación da tamén mosense Banda de Gaitas Ledicia.

 

A lectura do Pregón chegou ás 12.30 horas e correu a cargo da agrupación musical Os Sinandeiros, da Escola Municipal de Música de Mos, sita en Torroso.

 

Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron no Premio á mellor presentación (150 euros) Eulalia Ledo e no Premio ó mellor sabor (150 euros) Josefa Senlle

 

Mentres que os gañadores do concurso de rosas foron: 3º Premio (100 euros): Arturo Campos; 2º Premio (150 euros): Josefa González Bacelo e 1º Premio (200 euros): María Rivera Sío

 

Tras a entrega de premios chegaron as intervencións institucionais da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

 

Os actos matinais pecháronse cun concerto dos pregoeiros, o grupo Os Silandeiros, seguido do fin de festa ca Exaltación da Empanada de Pan de Millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña.

 

Todo o mundo puido probar a empanada con racións a prezos populares, xa que a ración de empanada máis viño custaba 3 euros.

 

Na presente edición da Festa da Rosa destacou o cambio de día dos actos centrais, que tódolos anos se celebran o 13 de xuño, pero que nesta ocasión trasladouse a hoxe, domingo día 14. Este ano tomouse a decisión de organizar hoxe os actos centrais da Festa da Rosa debido a que onte tivo lugar a celebración do Pleno de Investidura da nova Corporación.  Dende o Concello de Mos pensouse que sendo domingo os veciños participarían e desfrutarían da festa igualmente, como así foi, xa que o éxito de afluencia foi rotundo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.