Ponteareas
Xosé Represas inicia os trámites para facer efectiva a súa renuncia ao soldo de Alcalde
O alcalde de Ponteareas indica ao interventor que realice os trámites para que o diñeiro da súa nómina se convirta nunha partida orzamentaria destinada a subvencionar a creación de postos de traballo
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, indicou esta mañá ao interventor do concello que inicie a tramitación oportuna da súa renuncia ao soldo de alcalde, no que constitúe a primeira medida que adopta o rexedor municipal trala súa investidura.
Trátase dunha das promesas electorais realizadas por Represas e que o novo alcalde cumpre así nos seus primeiros días de mandato.
A intención de Represas é aproveitar ese diñeiro para crear unha partida orzamentaria coa que subvencionar a creación de postos de traballo en Ponteareas. A previsión do goberno municipal é aprobar e publicar unha orde de axudas dirixida a incentivar a contratación de traballadores e as iniciativas dos emprendedores.
O novo goberno local “é consciente de que a falta de emprego é un dos principais problemas que afectan aos veciños e as veciñas de Ponteareas. Esta medida vai encamiñada a poñer todos os recursos posibles a prol da creación de oportunidades laborais para os habitantes do municipio”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22